Presentación do libro "La luz estremecida" de Pedro Burgos na Fundación Laxeiro
O vindeiro venres, 29 de abril, ás 20.00h terá lugar na Fundación Laxeiro (r/Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo) a presentación do último libro de Pedro Burgos Montero (Puertollano, Ciudad Real, 1955), titulado La luz estremecida que ven de ser publicado por Editorial Discursiva, con ilustracións de Amelia Palacios.
La luz estremecida é unha colección de haikus cunha clara orientación intimista, nos que o autor utiliza o formato breve e sintético desa forma poética xaponesa, para expresar impresións visuais, estados de ánimo, reflexións sobre o paso do tempo e sentencias sobre o sentimento amoroso, que alcanzan a máxima expresividade co mínimo de elementos verbais.
O libro está ilustrado con obras da artista Amelia Palacios (Pontevedra, 1986), cunha colección de delicadas abstraccións líricas nas que a mancha articula toda a composición, cunha presenza mínima da liña que é utilizada, máis que para delimitar a cor, para introducir un certo ritmo en cada obra.
A Editorial Discursiva nace en Vigo coa intención de dar cabida a voces heterodoxas, cun especial interese na poesía. Ten publicados títulos de Pilar Pérez Abilleira, Juan Seoane e Carlos Lapeña Morón, dentro da colección Tintatinta, á que tamén pertence o libro que presentamos nesta ocasión. Tamén ten unha liña de ensaio que actualmente conta con dous interesantes títulos dos autores Joe Psicoppo e Modesto Bará Alvarez.
O venres, 29 de abril, ás 20.00h teremos a oportunidade de escoitar a Enrique Sánchez Sotelo, director da Editorial Discursiva e aos autores Pedro Burgos Montero e Amelia Palacios.
Pedro Burgos Montero. Poeta, fotógrafo, artista visual e escritor de aforismos, Pedro Burgos combina todas estas disciplinas para ir construíndo unha obra poliédrica, cuxo fío condutor é a viaxe, que o levará a coñecer diversos lugares de Brasil e a selva amazónica e diversos lugares e países do Caribe como Haití, Jamaica, Cuba, Puerto Rico e República Dominicana. Tamén viaxa pola Península Ibérica, percorrendo Galicia, Estremadura e Portugal para realizar un libro sobre arquitectura.
A súa produción artística tende a borrar as fronteiras entre a literatura e as artes plásticas, combinando diferentes recursos plásticos, como o colaxe e a fotografía, coa literatura, en forma de cartas, poemas e aforismos, construíndo unha obra na que se confunde a ficción e a realidade, cun forte compoñente vivencial.
Descargar todas as imaxes