Pleno da Corporación
xoves, 13 xan 2005Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do CATORCE DE XANEIRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.
Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do CATORCE DE XANEIRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.
O plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres para o período 2004-2007 recibiu o apoio de todos os grupos no pleno do Concello celebrado esta mañá. Non houbo o mesmo acordo con respecto aos informes xurídicos sobre a licencia municipal dun centro comercial na zona da Laxe.
O Pleno aprobou por unanimidade a Ordenación reguladora da ITE, así como a paralización das obras do centro comercial de Laxe. A sesión estivo marcada pola posta en común do anteproxecto de Lei para a creación da Área Metropolitana.
Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás dez horas do día 29 DE novembro para resolve-los asuntos da devandita relación.
A totalidade dos grupos municipais están de acordo coa continuidade do mercado, se ben é difícil chegar a un acordo e respetar os dereitos de tódolos implicados.
O Pleno do Concello aprobou o regulamento definitivo da Comisión de Suxerencias e Valedor do cidadán. Respecto ao incremento de persoal no Instituto Municipal dos Deportes, a proposta quedou condicionada aos orzamentos. No caso do aeroporto de Peinador, o Pleno resolveu aumentar as horas de funcionamento ata aprobar a súa operatividade as 24 horas.
Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTECINCO DE OUTUBRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.
A moción presentada polo BNG, que incidía no incumprimento dos obxetivos da ORA ao non asegurar a rotación do aparcamento no centro urbán, foi rexeitada polo resto dos grupos municipais. O Pleno da Corporación, aínda recoñecendo en ocasións o defectuoso funcionamento do servizo, apostou pola súa necesidade e acordou unha revisión e mellora das súas condicións de funcionamento.
A sesión ordinaria do Pleno da Corporación aprobou a subida do 2,7% para as taxas municipais, incluida a recollida de lixo. Tódolos grupos municipais votaron a favor excepto o BNG que se abstuvo. Quedan exentos desta subida as taxas da construcción, as plusvalías, os servicios da terceira idade, centros de día, centros de educación e axuda no fogar.
O Pleno da Corporación reunirase en sesión ordinaria o luns día 27 de setembro, ás 09.00 horas, no salón de Plenos do Concello.