O Pleno móstrase disposto a ceder gratuítamente os terreos para o cuarto hospital
O Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade un acordo polo que manifesta a súa disposición a cederlle gratuítamente á Adminisitración autonómica sanitaria os terreos precisos para a construcción do cuarto hospital de Vigo e da súa área metropolitana, en Valadares.
Este acordo farase efectivo previa aprobación e entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, e tramitación dos procedementos administrativos necesarios para tal fin.
Tamén por unanimidade do Pleno quedou acordada, dentro da área de Urbanismo e Medio Ambiente, a aprobación definitiva do estudo de detalle do Polígono "UE-I-02-Regueiro", promovido pola entidade mercantil "Edificio Fontán S.L.".
No apartado de Xestión Municipal, o Pleno autorizou por unanimidade a Alfonso Ramós Covelo, técnico de adminisitración xeral do Concello de Vigo, para a comisión de servizos solicitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo. O obxecto de dita comisión é que o técnico en cuestión desenvolva nese ente público o posto de xerente, función que será retribuída con cargo aos orzamentos do ente local citado.
Ademais, na mesma área, quedou aprobado, coa abstención do BNG e os votos favorables dos restantes grupos, o establecemento da xestión indirecta mediante concesión adminisitrativa como forma de prestación do servizo público de mantemento e conservación das instalacións de alumeado público.
Mocións
Por unanimidade aprobouse unha moción do PG en virtude da cal se insta o Goberno municipal a dirixirse ao Goberno de España para reiterar as peticións acordadas polo Pleno en relación ao aeroporto de Peinador. Estas peticións son as seguintes: que AENA estude a operatividade do aeroporto de Peinador durante as 24 horas; que mentres non se fan os estudos oportunos e se procuran as dotacións pertinentes se amplíe o horario de xeito inmediato; que se acometa de inmediato un proxecto de ampliación do aparcadoiro; e que se aborde dunha vez a realización do Plan do Aeroporto.
Outra moción, esta de Alcaldía, recibiu o apoio de todos os grupos. O concelleiro Ignacio López-Chaves, do PP, avogou ao defendela por apoiar a sinatura dun protocolo de colaboración entre os concellos implicados para a creación, dinamización e consolidación da "Rota Antonio Palacios".
Aprobáronse de maneira unánime tamén dúas mocións do BNG. A primeira solicita dar o nome de Celso Rivas Pérez a unha rúa de Beade. A segunda insta á constitución dunha comisión especial que estude a constitución dun ente público de cara á xestión pública integral da Recadación Executiva.
Cos votos favorables do PsdeG-PSOE e o PG, a absención do PP e o voto en contra do BNG, quedou aprobada unha moción do PG pola que se solicita que se fagan estudos técnicos para a recuperación das vistas da ría que están a desaparecer polo crecemento das árbores. Outra moción, esta do BNG, adoptada coa abstención do PG, resultou na proposta do arranxo dos deterioros da área de xogos infantís e axardinamento do contorno do local social da Asociación de Veciños "Val do Fragoso".
Mocións con carácter urxente
Foron aprobadas con carácter de urxencia tres mocións. A primeira, do BNG, insta o goberno municipal a adoptar, no prazo dunha semana, unha solución ao problema dos vendedores do mercadillo da Ronda de Don Bosco. Esta proposta recibiu un apoio unánime.
Non pasou o mesmo coa seguinte moción, presentada polo PSdeG-PSOE e que recbiu o voto favorable de PsdeG-PSOE, BNG e PG, e o voto en contra do PP. A proposta do PSdeG-PSOE é que o Goberno Municipal provea unha bolsa con dotación económica suficiente para atender situacións de emerxencia puntual e transitorio de aloxamento dos veciños que viven no contorno da depuradora de Coruxo.
A última moción, presentada polo PsdeG-PSOE e aprobada por unanimidade, insta o Concello a impulsar medidas para a plena equiparación social de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais. Estas medidas incluirán accións de sensibilización e loita contra a homofobia e a transfobia; medidas edicativas; medidas de integración; servizos de asesoramento e orientación para gais, lesbianas, transexuais e bisiexuais.