Lucía Molares e Javier de la Gándara, vencedores na I Regata de Verán Praia do Vao
A I Regata de Verán contou coa participación de distintos concelleiros das cidades de Vigo, Nigrán, Baiona e Redondela, así como representantes de Caixanova, CocaCola, El Corte Inglés e un nutrido grupo de xornalistas e gráficos dos medios de comunicación.
Lucía Molares participou o pasado sábado, xunto con outros concelleiros dos distintos concellos da provincia que traballan no fomento da vela, na I Regata de Verán Estación Náutica Praia do Vao, á que tamén asistiron periodistas, regatistas mundialistas e patrocinadores. Pertencente á clase Catamaráns a Vela, a Regata de Verán reuniu a case 40 participantes no areal do Vao. A concelleira de Deportes de Vigo, Lucía Molares, e o voltamundista Javier de la Gándara, gañaron esta primeira edición, quedando segundos clasificados Javier Porto e Miguel Martín, da Axencia EFE.
Participaron tamén os concelleiros de deportes de Baiona, Nigrán e Redondela, e unha ampla representación de medios como ABC, Radio Galega, Radio ECCA, Tercer Tiempo, EFE, Qué! Vigo, Radio Voz, TeleVigo, Localia TV ou TVG.
A flota dividiuse en 5 grupos, dos que foron saíndo os semifinalistas. Na primeira rolda, Deportes Concello de Baiona, Turismo Concello de Vigo, Deportes Concello de Redondela e Caixanova; e da segunda, Axencia EFE, Radio ECCA, Deportes Concello de Vigo e El Corte Inglés. Á final chegaron Deportes Concello de Baiona, Caixanova, Axencia EFE e Deportes Concello de Vigo, gañando este último a Regata de Verán.
Con esta iniciativa Lucía Molares quere impulsar a actividade dos deportes náuticos, nun lugar emblemático como é a Ría de Vigo, berce de grandes nomes da vela mundial.
Unha regata nun día
Por outro lado, Lucía Molares fixo entrega o pasado venres, dos trofeos aos colexios gañadores do circuíto "Unha regata nun día", que promove a vela de catamarán, e polo que pasaron mais de 1100 nenas e nenos dos centros escolares de Vigo. Este programa volverase a poñer en marcha a mediados do mes de setembro, no inicio do novo curso escolar.
Rubén Costas e Brais González, do colexio Seis do Nadal, foron os terceiros clasificados. Victor Daniel e Emilio Argibai, do Mercantil, recolleron as copas de segundos clasificados, e Íria de la Torre e Silvia Quiñones, do colexio El Castro, foron as vencedoras absolutas da final.