Exposición pública da matrícula do IAE 2005
<br />
Segundo a publicación no BOP número 118 de data 21 de xuño de 2005, estará en exposición pública entre os días 22 xuño ata o 8 de xullo en horario de 9 a 13.30 horas na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expoñerá no Rexistro Xeral, a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó ano 2005.
As persoas interesadas poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre actividades económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.