O Verbum inicia as actividades de dinamización do museo<br />
O Verbum-Casa das Palabras inicia as actividades denominadas "Obradoiro de Xogos" dirixidas ás familias e particularmente aos máis cativos. Estas actividades de dinamización forman parte dos acordos do convenio asinado recentemente entre a concellería de Cultura e a Universidade de Vigo.
"Obradoiro de Xogos" pretende ofrecer unha experiencia de xogo educativo nun espazo particularmente apto para a aprendizaxe. Os nenos e nas terán a oportunidade de aprender xogando sobre a linguaxe e outros temas relacionados coa comunidade, sempre dirixidos por dúas especialistas en lingüística.
O obradoiro va dirixidos aos menores de idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos e se realizan os martes, mércores, xoves e venres de 19:00 a 21:00 horas; sábados de 11:00 a 14:00 horas e domingos de 18:00 a 21:00 horas.
Segundo o convenio asinado entre Cultura e Universidade , o "Plan de dinamización do Verbum" vai dirixidos a tres sectores: escolares, a través de visitas guiadas e actividades didácticas dentro do programa "Vigo por Dentro"; os adultos, cooperando con diversas asociacións veciñais e culturais , concertando visitas telefónicas; e as familias, adecuando os horarios ao tempo de ocio que estas teñen.
Noutra liña de actuación, o Verbum pretende darlle proxección ao museo mediante a explotación das súas instalacións para a organización de cursos, seminarios e actividades culturais de todo tipo.
Descargar todas as imaxes