Escoitar

A Policía Municipal asiste en Madrid aos actos de Festividade do Patrón do Corpo

O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello e o inspector xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, asisten invitados polo alcalde de Madrid aos actos que se celebran con motivo da Festividade do Patrón do Corpo da Policía Municipal, San Juan Bautista , o día 24 de xuño ás 10 horas no Parque do Retiro en Madrid.

xoves, 23 xuñ 2005
A invitación motívase pola alta consideración que lle merece ao Concello de Madrid a Corporación Municipal de Vigo, á policía local da nosa cidade polo coordinación dos servizos que lles une, así como polo galardón que lle concederá a policía local aos seus compañeiros madrileños.

O acto, que estará amenizado pola banda de música da Garda Civil, consiste nun desfile no que participarán 700 membros da policía local de Madrid; 50 motorizados; 25 coches patrulla, e 50 membros do escuadrón de cabalería.

O acto que estará presidido polo alcalde de Madrid, Ruiz Gallardón, asistirán autoridades civís , militares e un representante da Casa Real.

Por outra banda, representantes da Policía Local de Vigo asistirán á cea homenaxe con motivo da xubilación do Maxistrado Xuíz Decano de Vigo,Jesús Estévez Álvarez que terá lugar o xoves, día 24 ás 22 horas no Club de Campo.

A Policía Local entregará a Jesús Estévez a máxima distinción do corpo municipal.