"Castroexpresión 05" celebra as actividades do programa "Súbete ao Castro" cunha gran xornada festiva
Maratón de Tai Chi, Jam Sesión, tirolina, break dance, capoeira, percusión, teatro e música. O programa da concellería de Xuventude "Súbete ao Castro" presenta unha xornada de celebración do verán cunha serie de actividades especiais que resumen toda a experiencia acumulada ao longo do ano.
A concelleira de Xuventude lucía Molares presentou hoxe mércores o programa especial de actividades "Castroexpresión 2005", que terá lugar o vindeiro sábado 25 de xuño dentro do programa "Súbete ao Castro". Esta xornada que se celebra no entorno do Castro comeza ás 10 horas da mañá e remata ás 3 da madrugada, sendo unha mostra do total de actividades que a concellería de Xuventude organizou ao longo do ano.
Os máis madrugadores poderán asistir a unha maratón de Tai Chi e Chi Kung que comezará ás 10 da mañá e rematará ás 12 horas. Será o remate a esta actividade que leva 2 meses practicándose coa colaboración da Asociación Asogal Taiji.
A media mañá os alumnos de baixo, guitarra, batería e técnica vocal que se estiveron preparando durante todo o ano a través do programa "Súbete ao Castro" tocarán unha improvisada Jam Sesión para amosar ao público os seus adiantos.
Un dos maiores atractivos deste ano van ser as exhibicións de BMX Free Style, break dance, percusión e capoeira que terán lugar entre as 18 e as 20,30 hopras do sábado. Estas concentracións permiten que os participantes amosen as súas habilidades en cada unha das disciplinas. No caso de Break Dance contarase coa presenza do grupo de Break Dance "Indecisos" e o Grupo Muzenza realizará a exhibición de capoeira. A Asociación de Uruguaios porá en escena unha exhibición de percusión cos tambores tradicionais deste país.
Non faltará unha actividade deportiva e de risco, pois El Club de Montañeros Celtas habilitará unha tirolina para darlle un pouco de emoción á tarde. As actividades compleméntanse cunha actuación de Malabares dinamizada pola Asociación de malabares Malandraxe.
Teatro xove
O Teatro terá presenza na tarde a través de varios formatos:
O Teatro Expreso, cos participantes dos cursos de Teatro que se impartiron no Castro para realizar unha novidosa representación teatral
A I Mostra de Teatro Xove de Vigo, onde contaremos coa participación dos grupos "Chespiriños", "Los Traquers" e "Cada día peor" e o monologuista Javier Vaz
Por último o II Trofeo "Cidade de Vigo" no que a formula son combates teatrais de improvisación por equipos de tres persoas.
Concerto musical
Pola noite o atractivo centrarase na música, cun concerto, abrindo o espectáculo The Soul Jacket (Rock-Hard rock) presentando a súa maqueta e pecharán Dakidarria (Ska-Reggae-Punk) que veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico en Abril. A xornada rematará cunha sesión de DJ’s acompañada dunha festa da espuma.
Tódalas actividades realizaranse nas instalacións do programa "Súbete ao Castro", que a Concellería de Xuventude mantén aberto durante todo o ano no Parque del Castro, a carón da pista de bicicletas.