O Consello da Xerencia de Urbanismo propón a aceptación parcial das obras de Navia
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local a aceptación dunhas obras de urbanización pertencentes ao Plan Parcial de Navia. Está previsto que o mesmo Consello da Xerencia entregará as licenzas de ocupación o xoves día 23.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrou hoxe martes unha sesión urxente e extraordinaria na que decidiu proporlle á Xunta de Goberno Local a aceptación parcial da infraestructura básica da "Rúas 1-a, 1-aa e 1-ee", descrita no Plan Parcial de Navia.
Esta infraestructura enlaza coa vía de servizo do primeiro cinto. O Consello tivo en conta as deficiencias observadas e informadas polos distintos departamentos municipais e que son asumidas polo propio Instituto Galego de Vivenda e Solo.
A Xunta de Goberno Local procederá mañá mércores á recepción destas obras. O xoves 23 de xuño, o Consello da Xerencia volverá reunirse para entregar as licenzas de ocupación das vivendas. Segundo explicou o xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, "dispoñemos nestes momentos dunhas condicións básicas de seguridade" para o cumprimento destes trámites.
Así, dos informes emitidos dedúcese que a infraestructura básica de servizos correspondentes ás "Rúas 1-a, 1-aa e 1-ee" ten as características mínimas para soportar o inicio da ocupación dos primeiros edificios construídos.
Neste sentido, o concelleiro do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz dixo que "os informes técnicos din que as obras non están rematadas" e considerou que "terían que recibirse en perfecto estado".
Pola súa banda, José Manuel Figueroa, do PP, explicou que se aceptan estas obras "con matizacións dos técnicos municipais para que Xestur subsane algunhas deficiencias". Figueroa asegurou que o Concello vai "tentar que a urbanización se remate nas debidas condicións".