Turismo inicia un programa de coñecemento dos servizos turísticos
A Concellería de Turismo dirixida por Lucía Molares Pérez, pon en marcha o martes, día 21,un novo programa que dará a coñecer os servizos turísticos a distintos colectivos da cidade. Nenos, xóvenes, recepcionistas de hoteis, tour operadores... poderán coñecer gratis os diferentes servizos.
Os primeiros en disfrutar deste programa serán os nenos usuarios das ludotecas municipais da Casa da Xuventude e Coia, os cales os vindeiros días 21 e 22 de xuño están convidados a unha viaxe a bordo do Bus Turístico.
O día 21 irán 20 rapaces da ludoteca da Casa da Xuventude e o día 22 outros 20 da ludoteca de Coia. Estes rapaces, todos entre 8 e 12 anos, irán acompañados por varios monitores.
O Bus Turístico recollerá a estes nenos ás 17:30h na Praza de América, onde acompañados pola Concelleira Lucía Molares disfrutarán dun recorrido de dúas horas de duración que os levará ata o Castro, Castrelos, Samil, Bouzas, Praza de España, Beiramar. Asemade faranse dúas paradas no Parque do Castro e no Parque de Castrelos. Durante todo o percorrido unha guia da Concellería acompañara ós nenos explicándolles historias e anécdotas de Vigo. A viaxe rematará na Praza de América ás 19:30h.
Turismo de Vigo pretende, ó longo deste período estival, continuar con esta iniciativa, procurando que diferentes colectivos da cidade coñezan un pouco mellor a historia de Vigo a través dos diferentes servizos turísticos que esta Concellería ten en funcionamento.
Descargar todas as imaxes