Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Cambios nas rúas por mor das obras de humanización da Praza de Compostela

<br />

venres, 17 xuñ 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da praza de Compostela (2ª fase,procederase á reordenación do tráfico no contorno da devandita praza, dende o luns 20 de xuño de 2005 ás 08.00 horas,da forma seguinte:

Rúas pechadas ao tráfico, con acceso exclusivo a garaxes:
Victoria, entre Carral e Colón.Velázquez Moreno e Reconquista, entre Marqués de Valladares e praza de Compostela.García Olloqui, entre Luís Taboada e praza de Compostela.Praza de Compostela completa.
Pablo Morillo completa.Castelar completa.

Reábrense ao tráfico as rúas seguintes:
Concepción Arenal en dobre sentido.
Luís Taboada en sentido único, de Concepción Areal cara a García Olloqui.
García Olloqui en sentido único, de Luís Taboada cara a Carral.
Carral quedará establecida en sentido único de Cánovas del Castillo cara a Marqués de Valladares.
solicítase a máxima colaboración cidadá.