Lucía Molares inaugurou as novas casetas de información turística para o verán 2005
Estarán abertas dende hoxe xoves ata o 15 de outubro en horario de 10 a 14 horas e de 16,30 a 20 horas. Para atender as casetas haberá quince informadoras turísticas.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe a nova ubicación das oficinas de información turística para o verán 2005. Dende a oficina de Porta do Sol, Lucía Molares explicou que este ano as oficinas estarán abertas ata o 15 de outubro e que posteriormente abriranse outras específicas para a Volvo Ocean Race.
En total ubicaranse seis oficinas turísticas en diferentes puntos da cidade que permanecerán abertas todos os días da semana en horario de 10 a 14 horas e de 16,30 a 20 horas para asesorar aos turístas que se acheguen a Vigo, o mesmo domingos que festivos. Son as seguintes:
1) Oficina de Turismo de A Pedra: Ubicada na Rúa Teófilo Llorente, atópase ó lado da famosísima Rúa Pescadería comúnmente coñecida como a Rúa das Ostras, de visita obligada para todos os excursionistas, cruceiristas e turistas que chegan á cidade. Esta oficina permanece aberta todos os días do ano.
2) Caseta de Información Turística Praza de España
3) Caseta de Información Turística Travesas
4) Caseta de Información Turística Praza do Rei
5) Caseta de Información Turística Porta do Sol.
6) Oficina Turismo Itinerante: Esta oficina de información turística non só promocionará a cidade de Vigo e os seus recursos turísticos en distintos mercados nacionais, senón que asistirá a máis de 120 eventos relacionados co mundo da mar e dos deportes náuticos.
Está previsto que esta oficina promocional estea presente nos prinicipais eventos náuticos que se celebren en España durante todo o ano, destacando a presencia de Turismo de Vigo en competicións de tanto prestixio como a XXIII Copa do Rei, que se celebrará do 29 de xullo ó 7 de agosto, en Palma de Mallorca, ou por exemplo a Semana Náutica Internacional Porto de Santa María de Cádiz, que terá lugar do 19 ó 24 de agosto.
En total, Turismo de Vigo promocionará a cidade en 67 eventos náuticos de distintas características e categorías dentro do mundo da vela, asistindo ás prinicipais competicións que se celebrarán en Baiona, Sanxenxo, Cádiz, Palma de Mallorca, Barcelona, Valencia, Vigo, etc.
Por outra banda, esta oficina itinerante tamén se encargará de promocionar os recursos turísticos da cidade entre os numerosos cruceiristas que se achegarán a Vigo nos próximos meses. Así, está previsto que este punto de información se ubique na Estación Marítima para proporcionar información a 49 cruceiros que arribarán ó Porto de Vigo ata finais de ano.
O ambicioso programa de promoción de Turismo de Vigo con esta oficina itinerante tamén abrangue a visita a cidades que se atopan a máis ou menos catro horas de viaxe en coche, xa que segundo as estatísticas que manexa o Servizo de Turismo, o 89% dos turistas que nos visitan utilizan como medio de transporte o vehículo propio.
Para poder levar a cabo este plan, quince informadoras turísticas serán as encargadas de facilitar información da cidade a todos os visitantes e turistas que elixan Vigo como destino vacacional. O persoal de Turismo de Vigo será facilmente identificable xa que como novidade durante este período vacacional unha diseñadora viguesa, Pilar Bande, confeccionou os novos uniformes de todas as informadoras. Estes uniformes, comentou a concelleira, "combinan unha chaqueta dun tono mariñeiro aínda que cunha liña máis moderna, cos pantalóns piratas".
Descargar todas as imaxes