O Festival Internacional de Jazz comeza cunha exposición fotográfica e dous concertos
O Festival Internacional de Jazz de Vigo comeza mañá, xoves 16 de xuño, coa inauguración, na Casa das Artes, da exposición fotográfica "Sons imaxinarios, imaxes reais", despois da cal actuará o dúo formado polos guitarristas Chema Sáiz e Santiago de la Muela. A xornada completarase co concerto de Rao Trío.
O Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" comeza mañá, xoves 16 de xuño, ás 20:30, coa inauguración da exposición "Sons imaxinarios, imaxes reais", que se poderá visitar na sala de exposicións da Casa das Artes ata o próximo 21 de agosto. "Sons imaxinairos, imaxes reais" é unha mostra formada por 30 fotografías de Carmen Llussá e Javier Nombela. Estes dous autores achégannos unha selección de 15 fotografías de distintos músicos, figuras clave da historia do jazz actual como Enrico Rava, Kurt Elling, Mats Gustafsson, Niels Hennig-Orsted Pedersen, Archie Sheep e Lionel Hampton.
Carmen Llussá, especializada en fotografía de jazz desde hai máis de doce anos e asidua dos mellores festivais de España, forma parte do staff fa revista catalá "Jaç" e do portal de internet Tomajazz.com. Todas as súas fotos están realizadas coa novidosa técnica de procedemento fotográfico "giclée".
Javier Nombela, fotógrafo cunha grande experiencia profesional, é membro da Real Sociedad Fotográfica de Madrid. Ademais, recibiu o primeiro premio de Fotografía en Cor da revista "Crítica" e foi fotógrafo oficial do Festival de Jazz de Madrid Emociona!!!Jazz2003. Javier Nombela publica en múltiples revistas especializadas e tamén traballa como fotógrafo publicitario.
A mostra "Sons imaxinarios, imaxes reais" poderá visitarse no seguinte horario: de luns a venres, de 18:00 a 21:30; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30; e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Mañá xoves, xusto despois da inauguración, os guitarristas Chema Sáiz & Santiago de la Muela Dúo abrirán coa súa música, tamén na Casa das Artes, o programa de actuacións do Festival Internacional de Jazz de Vigo. Deles din que son dous dos mellores guitarristas da escena madrileña, músicos carismáticos que buscan a expresividade pura improvisando de maneira imaxinativa. Chema Sáiz é, segundo algúns, un dos guitarristas de Jazz máis interesantes de Europa, herdeiro directo de Tete Montoliu. A entrada é libre.
A primeira xornada do Festival Internacional de Jazz "Imaxina Sons" cerrarase a partir das 23:50 co concerto de Rao Trío, coa que se iniciará o ciclo "Jazz na noite". Germán Díaz coa zanfoña, César Díez co baixo eléctrico, e Diego Martín á batería forman un curioso conxunto que ofrece un repertorio baseado en temas tradicionais, temas propios e versións de compositores ligados á libre interpretación da súa tradición cultural, como son Anouar Brahem, Astor Piazzola, Gilles Chabenat ou Valentin Clastrier, entre outros.
Trátase dun trío revolucionario e sorprendente no que a zanfoña se vai abrindo camiño no terreo do Jazz e das músicas improvisadas. Ao mesmo tempo, mostra unha estética particular que defende un estilo que comeza a escoitarse noutros países dentro das músicas de vangarda.
O Festival Internacional de Jazz, que acabará o 2 de xullo, inclúe 31 concertos en distintos puntos da cidade. Así, haberá actuacións en teatros e auditorios, como o Centro Cultural Caixanova, o Auditorio Municipal e o Conservatorio, xunto con concertos nocturnos en locais. Ademais, o jazz será levado ás rúas, con actuacións ao aire libre na praza da Estrela e pasarrúas polas principais zonas peatonais. Esta programación musical complétase con exposicións, mesas redondas, debates, conferencias e outras actividades centradas no jazz.
"Imaxina Sons" ten por obxectivo mostrar cada ano o estado actual do jazz, facendo fincapé nas propostas de calidade renovadoras e orixinais, a nivel galego, español e europeo. Deste xeito, o Festival traerá a Vigo a algunhas das figuras máis destacadas do jazz europeo, variedade xeradora da maior evolución na historia contemporánea do jazz. Con todo, o Festival contará tamén coa presenza puntual de músicos latinos ou americanos. Ademais, os músicos galegos recibirán un apoio especial a través da súa presenza na programación, co cal se quere contribuír á difusión da súa arte no exterior.
O primeiro Festival Internacional de Jazz de Vigo vén ocupar un espazo baleiro no panorama jazzístico galego e español: o relacionado coa perspectiva máis europea deste estilo. Para alén disto, "Imaxina Sons" será o grande evento musical do primeiro semestre do ano na nosa cidade, completando a oferta musical viguesa, que xa conta co Are More, o Xeración 2000+ e festivais como o Internacional de Piano e o de música sacra.
Máis información.