xoves, 16 xuñ 2005
Estarán abertas dende hoxe xoves ata o 15 de outubro en horario de 10 a 14 horas e de 16,30 a 20 horas. Para atender as casetas haberá quince informadoras turísticas.
xoves, 16 xuñ 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase o martes 21 nunha sesión extraordinaria e urxente para acordar a aceptación e recepción parcial das obras de urbanización das parcelas 1-A e 1-B de Navia. O xoves 23 entregaranse as licenzas de ocupación das vivendas.
xoves, 16 xuñ 2005
O Concello, a través das Concellerías de Festas e Animación Sociocultural e de Participación Cidadá, achegará 27.286 euros á Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para o desenvolvemento de actividades socioculturais durante 2005.
Ata finais de mes permanecerá aberto o plazo de inscrición para participar no Bibliocampamento, que no mes de xullo estará dedicado aos nenos de 4 a 7 anos
xoves, 16 xuñ 2005
A sala de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo, que conta con 110 postos, ampliará o seu horario habitual con motivos dos exames de fin de curso, dende o 17 de xuño ata o 8 de xullo. Ademáis, ata finais de mes permanecerá aberto o plazo para participar no Bibliocampamento, no que durante o mes de xullo poderán participar nenos de 4 a 7 anos.