A Biblioteca Central de Vigo amplía o seu horario en época de exames dende o 17 de xuño ata o 8 de xullo
A sala de lectura da Biblioteca Pública Central de Vigo, que conta con 110 postos, ampliará o seu horario habitual con motivos dos exames de fin de curso, dende o 17 de xuño ata o 8 de xullo. Ademáis, ata finais de mes permanecerá aberto o plazo para participar no Bibliocampamento, no que durante o mes de xullo poderán participar nenos de 4 a 7 anos.
O espazo destinado á lectura da Biblioteca Central abrirá do 17 ao 31 de xuño (ambos incluídos), de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00.
Pola súa banda, do 1 ao 8 de xullo (ambos incluídos), a sala de lectura permanecerá aberta, de luns a venres de 9.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 22.00 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas.
Ademáis, os sábados 18 e 25 de xuño terán lugar nas instalacións da biblioteca os concertos de fin de curso da Academia Armando Toledo a partir das 12.00 horas na sala infantil.
En canto ao Bibliocampamento, que este ano cumple a súa terceira edición, o plazo de matrícula para participar nel permanecerá aberto ata finais deste mes de xuño, para o cal é necesario pagar 1 euro, que se empregará na festa do último día.
Para satisfacer as demandas de plazas, nesta ocasión o abano de idades ao que vai dedicado esta actividade será máis amplo que en edicións anteriores, xa que abarcará dende os 4 as 12 anos.
Deste xeito, e por motivos de organización, o mes de xullo estará destinado aos máis pequenos, de 4 a 7 anos, e o de agosto aos mayores, de 8 a 12 anos.
En xullo haberá dúas quendas: a primeira do 4 ao 15 e a segunda do 18 ao 30, e neste mes o horario será de luns e martes de 11.00 a 12.30 horas para os nenos de 4 e 5 anos e os mércores e xoves de 11.00 a 12.30 horas para os de 6 e 7 anos.
Por outra banda, a Biblioteca Pública Central de Vigo conta cun novo servizo de acceso gratuíto a Internet, cuia posta en marcha ten fins culturais, de investigación e de información en xeral, e que terá un horario durante o verán de 9.00 a 13.45 horas.
Para poder aceder a este servizo, resulta imprescindible ser socio/a da biblioteca e presentar o carné para usar o equipo, e é necesario ter en conta que o tempo máximo diario de uso é de 30 minutos.
Malia que por motivos de seguridade non se permite o uso de programas, disquetes, cds, ou dvds propiedade dos usuarios nos ordenadores da Biblioteca, sí é posible extraer información de diferentes maneiras: imprimíndoa, para o cal existe un máximo de 50 follas, gravándoa nun disquete, que deberá ser mercado na Biblioteca, e enviándoa ao correo electrónico que precise.
Descargar todas as imaxes