O Concello distribuirá unha guía sobre o Museo de Castrelos para facilitar as visitas escolares
A Concellaría de Educación vai distribuír, en colaboración coa de Cultura, 1.250 exemplares dunha guía sobre o Museo Municipal "Quiñones de León" entre profesores e alumnos de centros educativos vigueses, co obxectivo de facilitar e facer máis proveitosas as visitas escolares.
O concelleiro Ignacio López Chaves presentou hoxe mércores a guía didáctica do Museo Municipal "Quiñones de León", primeira dunha serie de guías que a Concellaría de Educación, en colaboración coa de Cultura, editará para dar a coñecer aos escolares os museos municipais.
A guía, segundo Ignacio López-Chaves, servirá para que "os nenos poidan examinar desde as coleccións de pintura e escultura do Museo de Castrelos ata os seus xardíns e a historia do pazo" antes das visitas escolares, co obxectivo de que as aproveiten mellor e facilitar, así, o traballo dos profesores. En total, editaranse 250 destas guías para os profesores e 1.000 para os alumnos. Esta edición suporá un desembolso de 6.000 euros.
O concelleiro, acompañado polo técnico do Departamento de Educación, Pedro Vázquez, cualificou o Museo de Castrelos como "un dos máis queridos polos vigueses" e asegurou que o actual goberno municipal, "quixo revitalizalo desde que botou a andar".
No curso 2004-2005, o Museo Municipal "Quiñones de León", o máis antigo de todos os que hai en Vigo, recibiu un total de 81 visitas escolares, nas que participaron 2.430 alumnos.
Descargar todas as imaxes