A Xunta de Goberno Local aproba o prego de condicións para a construcción do Auditorio
A Xunta de Goberno Local aprobou o prego de condicións para o concurso de adxudicación do Auditorio-Pazo de Congresos que se construirá na avenida de Beiramar. Ademais, deu o seu visto bo á colaboración coa Asociación de Veciños Eduardo Chao para o fomento da participación cidadá e o lecer.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres nunha reunión extraordinaria o prego de condicións para o concurso, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de concesión de obra pública para a construcción e explotación, previa demolición das edificacións existentes, dun Auditorio-Pazo de Congresos con zonas complementarias de explotación comercial sobre as parcelas denominadas "Casa Mar", na avenida de Beiramar de Vigo.
A alcaldesa, Corina Porro, dixo neste sentido que este é un "momento para felicitar a todos os cidadáns", xa que este "pode ser un prego atractivo para entidades e operadores privados e esperamos que concorran cantos máis mellor". Corina Porro afirmou que o Auditorio "significará moito para a economía e a cultura de Vigo".
Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo a un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao para o fomento de actividades de participación cidadá e das actividades de ocio e lecer.
Descargar todas as imaxes