O Concello destina 290.000 á subvención de actividades de fomento da participación cidadá
A Concellería de Participación Cidadá destinará 290.000 euros para subvencionar actividades de fomento da participación cidadá e investimentos en infraestructuras e equipamento durante 2005.
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, presentou hoxe venres as dúas convocatorias de subvencións para entidades privadas sen ánimo de lucro para o ano 2005. Destas convocatorias, publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do 16 de xuño, unha diríxese á realización e fomento de actividades de participación cidadá, mentres que a outra refírese a investimentos en infraestructura e equipamento.
Con esta iniciativa, a Concellería de Participación Cidadá quere propiciar unha maior iniciativa asociativa no ámbito sociocomunitario das relacións cidadás. Ademais, preténdese mellorar a organización das entidades asociativas mediante a colaboración coas asociacións no financiamento das actividades sociocomunitarias e nos investimentos tendentes a conseguir novas infraestructuras e reformar e mellorar os equipamentos.
As subvencións non só beneficiarán as entidades concorrentes, senón tamén o conxunto da cidadanía viguesa, ao ser un elemento que facilitará a participación cidadá.
No caso das subvencións de actividades e fomento da participación cidadá, o importe disposto pola Concellería é de 143.821 euros. No das subvencións para investir en infraestructuras e equipamento, a cantidade atinxe os 150.000 euros.
En 2004, soamente se realizou a convocatoria de subvencións para actividades e fomento da participación cidadá. Daquela solicitaron axudas 87 asociacións, das que 57 obtiveron subvención, sendo as outras 30 solicitudes denegadas por diversas causas (presentación fóra de prazo, falta de inscrición da asociación, débedas coa administración, etc.).
Todas as asociacións inscritas no rexistro municipal de asociacións poderán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral municipal ata o día 6 de xullo. As bases e os impresos pódense recoller na oficina de información da lonxa do Concello, ou poden baixarse a través de internet na páxina web www.vigo.org e no portal das asociacións e no portal das asociacións www.cidadansvigo.org.
Descargar todas as imaxes