Vigo celebra o sábado o acto de "Ensalzamento do traxe galego"
35 traxes e 3 agrupacións, formadas por máis de 10 compoñentes, presentaranse á sexta edición do "Ensalzamento do traxe galego" que organiza a concellaría de Festas e Animación Sociocultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, e que terá lugar o sábado 18, a partir das 21 horas, na praza do Berbés.
Previamente ao acto do ensalzamento, ás 19:30 horas haberá unha concentración na praza do Rei de todas as persoas que participan para realizar un desfile que chegará ata a praza do Berbés.
Todos os traxes feitos na actualidade deberanse inscribir como "Traxe moderno", e será imprescindible que garden o canon do traxe antigo. Pola súa banda, os traxes antigos deberanse presentar como tales, con referencia detallada aos seus antecedentes e procedencia. Calquera que sexa o traxe, antigo ou moderno, os seus adornos haberán de ser de cristal, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse aos patróns tradicionais.
Será condición imprescindible que todas as pezas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo. Non poderán combinarse pezas de distinta comarca.
O xurado, no momento da súa deliberación, terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen e mais os restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado.
Os premios establecidos para o concurso por categorías serán os seguintes:
PREMIO TRAXE ANTIGO
Home:230.-€.
Muller:230.-€
PREMIO TRAXE DECOTÍO
Home: 230.-€
Muller: 230.-€
PREMIO TRAXE MODERNO
Home:
1º premio:230.-€
Muller:
1ºpremio:230.-€
Neno:
1º premio:agasallo
Nena:
1º premio:agasallo.
PREMIO ESPECIAL de 310,51.-€, para o grupo que seleccione o xurado de entre os formados por máis de 10 persoas, que se inscriban como asociación, grupo folclórico ou similar, e que ningún dos seus membros estea inscrito no concurso de xeito individual.