O pianista Alberto Conde presidirá a nova Asociación de músicos de jazz de Galicia
Esta asociación recén constituída e presentada terá como obxectivos o desenvolvemento de actividades musicais, facer de mediadora entre o colectivo e as administración públicas e seguir as resolucións tomadas no II Encontro de creadores de Barcelona en relación ao jazz.
O salón de actos do Marco foi escenario do acto de presentación e constitución da primeira asociación de músicos de jazz de Galicia, que contou coa presenza do pianista e compositor Alberto Conde, que exercerá de presidente da Asociación, o saxofonista Alberto Somoza, que será vicepresidente, e Baldo Martínez, contrabaixista e asesor do I Festival de Jazz de Vigo. A presentación enmarcouse precisamente dentro do Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" e aproveitando a conmemoración do "Día Europeo da Música".
A Asociación de Músicos de Jazz de Galicia ten tres obxectivos principais de carácter reivindicativo:
- Impulsar e promover actividades musicais dirixidas a este colectivo
- Facer un papel de interlocutor e mediador entre o colectivo dos músicos de jazz e as administracións públicas
- Cumprir as demandas que figuran no anexo dedicado ao jazz no III Encontro de Creadores de Barcelona
Entre as medidas que se tomaron en Barcelona hainas dirixidas a apoiar e promover a diversidade cultural: recoñecemento do jazz como algo tamén noso, reducindo a proporción de 80%-20% a favor dos artistas estranxeiros que aínda hai nos festivais; inclusión do jazz na rede de auditorios e teatros; a creación de circuítos específicos de jazz nas comunidades realizando intercambios.
Como medidas de carácter económico e social pretenden crear unha lei que regule a figura do creador-intérprete musical, cun estatuto do traballador cultural. En relación á Educación pretenden que as titulacións do músico de jazz sexan recoñecidas e que se ensine nas escolas este estilo musical.