Escoitar

1.040 escolares vigueses participaron no programa "Unha regata nun día"

Lucía Molares e Tono Teixeira presentaron os resultados desta iniciativa de Turismo que pretendía achegar aos nenos ao mundo da vela ofrecendo nunha mesma xornada e de xeito gratuíto a posibilidade de aprender a navegar e competir entre eles.

xoves, 23 xuñ 2005
1119536637vela.jpg
A concelleira Lucía Molares e o presentaron hoxe xoves os resultados do programa gratuíto de fomento da vela, "Unha regata nun día", que a concellería de Turismo puso en funcionamento dende o mes de abril. O programa permite que todos os escolares da cidade de entre 12 e 14 anos teñan a oportunidade de aprender a navegar en catamaráns do tipo Hobie Wave durante todo un día. Por un lado os rapaces reciben un curso intensivo que consta de teoría e clases prácticas e pola tarde compiten entre eles. "Deste modo, mesturando formación e competición nunha mesma xornada conseguimos que os nenos teñan un incentivo máis para o rápido apredizaxe", dixo o director do Club de Vela da praia do Vao, Tono Teixeiro.

Durante estes tres meses participaron no programa os colexios Apostol Santiago, Niño Jesús de Praga, Seis do Nadal, O Castro, Mercantil, Chouzo, Acacias, Carmelitas, Monterrey, San Miguel II e Ría de Vigo, deixando un total de 1.040 alumnos que aprenderon a navegar. Unha vez rematada esta primera etapa do programa de fomento da vela, o vindeiro día 24 de xuño celebrarase a gran final interescolar, entre os equipos campións de cada colexio que quedaron clasificados.

O dato máis significativo deste programa é que o seu principal obxectivo, que é fomentar o coñecemento da vela e a súa posterior práctica de forma habitual, estase conseguindo xa que neste momento 40 escolares están formándose en cursos na base náutico do Vao.

A Concelleira de Turismo, Lucía Molares amosouse moi satisfeita co desenvolvemento deste programa xa que "o noso principal obxectivo é fomentar a práctica da vela na cidade, de modo que os máis xóvenes coñezan o medio e disfrutan coa práctica de deportes náuticos. Este é un gran ano para a vela e, por iso, quixemos levar a cabo un programa que permita formar ós máis xóvenes."
1119536637vela.jpg
1119536652velita.jpg
1119536686tono.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información