Vigo-Zoo aspira a convertese este verán no parque máis importante de Galicia e do Norte de Portugal
O concelleiro delegado de Vigozoo, Xosé Manuel Couto, presentou o programa de verán do zoolóxico da Madroa. Segundo o concelleiro, con esta iniciativa vai dirixida a facer do parque vigués "o gran zoo de Galicia e do Norte de Portugal".
Entre as novidades do programa de verán de Vigozoo están as charlas interpretativas, unha actividade que se fará este verán por primeira vez. Estas charlas didácticas están dirixidas ao público en xeral para os fins de semana e festivos en horario de tarde. Os temas das charlas estarán relacionados cos animais máis representativos e característicos do parque. Esta actividade terá unha duración de 10 a 15 minutos, e o horario e nome das charlas serán expostos na entrada do parque e poderán ser anunciados por megafonía.
Outra novidade deste verán é un concurso de cómics co que se quere promocionar o zoolóxico. Neste concurso poderán participar todos os nenos e mozos de 8 a 18 anos que visiten as instalacións da Madroa. Os cómics deberán ser inéditos e estar relacionados co zoo, cunha extensión libre e podendo utilizar calquera técnica. O concurso dividirase en tres categorías (de 8 a 10 anos, de 11 a 13 anos e de 14 a 18 anos), con premios en metálico para cada unha. O prazo de entrega de traballos vai do 1 de xullo ao 31 de agosto.
Unha actividade que xa alcanzou un grande éxito o ano pasado, "Un día no zoo", repetirase este verán aumentando o seu horario. Así, poderase optar pola modalidade de dez horas, que custa 15 euros, e que se desenvolve das 8:00 ás 19:30; ou pola de catro horas e media, que vai das 8:00 ás 14:00 e custa 6 euros. Os pais poderán compatibilizar esta actividade co seu horario laboral grazas a un servizo de gardería que funcionará de 8:00 a 9:30. Así mesmo, ampliouse a oferta a grupos organizados, colectivos e familias, incrementando. Os destinatarios principais desta actividade son os nenos entre 8 e 14 anos.
Por outra parte, mantéñense as visitas guiadas de grupos organizados, aumentando a oferta do zoo a grupos minoritarios diferentes dos estrictamente escolares. Así, incrementouse o horario e dispúxose dun horario de mañá para os fins de semana.
Outra actividade nova é a mesa dos materiais, dirixida ao público xeral para os fins de semana e festivos a partir das 16:00. Neste caso o equipo educativo montará unha pequena mesa interpretetiva chea de material biolóxico co obxectivo de introducir os participantes na complexidade da vida animal e fomentar a curiosidade polo coñecemento deste campo.
Na mesma liña concíbese a exposición de distintos documentais relacionados co mundo animal e a natureza, os fins de semana e festivos a partir das 16:00. O acceso será libre para todos os públicos e as proxeccións comezarán cada 60-90 minutos.
Ademais, para os máis cativos, organizarase o "Toca-Toca". Esta actividade, que se desenvolverá nos fins de semana e festivos en horario de tarde constará de sesións de 30 minutos nas que os participantes tocarán baixo a supervisión dun monitor animais vivos, como tartarugas, lagartos, serpes, insectos e outros.
Descargar todas as imaxes