Escoitar

A Asociación de Veciños "Eduardo Chao" recibirá 78.000 euros do Concello

O Concello achegará un total de 78.091 para o desenvolvemento de accións de base e de dinamización por parte da Asociación de Veciños "Eduardo Chao". Desta cantidade, 54.091 euros serán concedidos pola área de Participación Cidadá e os outros 24.000, pola de Festas e Animación Sociocultural.

venres, 24 xuñ 2005
1119619518corin.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, e a presidenta da Asociación de Veciños "Eduardo Chao", Elena González, asinaron hoxe venres un convenio de colaboración para o desenvolvemento de diversas accións de base e de dinamización, polo que o Concello se compromete a entregar 78.091 euros a través das áreas de Participación Cidadá e Festas e Animación Sociocultural.

Así, Participación Cidadá achegará un total de 54.091 euros para o desenvolvemento de actividades de asesoramento e de formación. Pola súa parte, a área de Festas e Animación Sociocultural contribuirá con outros 24.000 euros.

Con este convenio, o Concello quere axudar á Asociación de Veciños "Eduardo Chao" nas súas accións de formación cultural de base, na dinamización de grupos xa existentes, na estensión das actividades culturais das asociacións e no fomento da participación en grupos culturais.

A alcaldesa, Corina Porro, mostrou o agradecemento do seu goberno polo traballo da Asociación de Veciños ao longo do ano, "fundamental", dixo, "para o desenvolvemento da cidade". Segundo Corina Porro, as asociacións, que "recollen a idiosincrasia de cada unha das parroquias", "fixeron un traballo importantísimo para a integración da sociedade viguesa".

Pola súa parte, Elena González asegurou que "os cidadáns teñen dereito a saber onde se invisten os cartos das institucións públicas". " A Asociación de Veciños continuará traballando pola democracia participativa e para facer cidade cada día", dixo.
Descargar todas as imaxes