"El último ke zierre", actuación estrella do Karraskal Rock
A VI edición do festival musical Karraskal Rock contará coa banda valenciana o sábado 9 de xullo. Antes actuarán os grupos vigueses "Los Faltones", "NOT" e "Saldos Arias". "El último ke zierre" é unha das bandas mais veteranas da escena rockera española.
A concelleira de Xuventude, Lucía Molares presentou hoxe venres a VI edición do festival musical Karraskal Rock, que nesta ocasión contará coas actuacións dos grupos vigueses "Los Faltones", "NOT" e "Saldos Arias". Segundo Lucía Molares a concellería de Xuventude colabora na organización deste evento que combina a música coa natureza.
A vocalía de Xuventude da Asociación de veciños de Zamáns organizou a VI Edición so Karrakal, que terá lugar os días 8 e 9 de xuño no parque forestal de Vigo co seguinte programa:
Venres 8 de xuño: Los Faltones, Human, NOT e Coilbox. O sábado 9 de xuño tocarán os "Saldos Arias", "Tiro na Testa", "Sinkope" e a actuación estelar do grupo de punk-rock "El último ke Zierrre".
Como todos os anos a entrada é de balde e hai un espazo habilitado para a acampada libre. Haberá ademais un mercadillo artesán, bebidas económicas e un despregamento técnico de 35.000 W de son e 58.000 W de luz.
Descargar todas as imaxes