O Pleno retira da orde do día a proposta de cesión de terreos para o cuarto hospital
O Pleno da Corporación Municipal retirou da orde do día, grazas aos votos do PSdeG-PSOE e do BNG, a proposta do Consello da Xerencia de Urbanismo de cederlle terreos á Xunta de Galicia para a construcción do cuarto hospital.
Os votos do PsdeG-PSOE e do BNG fixeron que o Pleno da Corporación Municipal retirase hoxe luns da orde do día un punto referente á cesión, por parte do Concello, de terreos á Xunta de Galicia para a construcción do cuarto hospital en Vigo. O PP votou a favor desta cesión, aprobada por unanimidade no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo o pasado xoves 26, mentres que o PG se abstivo.
O voceiro do BNG, Santiago Domínguez Olveira, defendeu a postura do seu grupo argumentando que a cesión debe adiarse ata o Pleno do 27 de xuño "para que este proxecto non naza cunhas ansias electoralistas". Segundo Santiago Domínguez, con esta decisión "non paramos nada, senón que gañamos tempo, porque un proxecto consensuado avanzará máis rapidamente". A posibilidade de lograr un proxecto de hospital consensuado motivou que o PsdeG-PSOE se adherise á proposta do BNG.
A alcaldesa, Corina Porro, acusou a Santiago Domínguez de ter un "dobre discurso". Corina Porro lembrou que "levamos cinco meses traballando cos técnicos da Consellería de Sanidade" e dixo non entender "por qué temos que sufrir paróns cada vez que hai eleccións". Pola súa banda, o representante do PG, Manoel Soto, lamentou que "nos poñamos a discutir arredor dun proxecto no que estamos todos de acordo".
Outro punto da orde do día que resultou retirado foi o 5º, no cal se propuña ao Pleno da Corporación Municipal establecer a xestión indirecta mediante concesión administrativa como a forma de prestación do servizo público de mantemento e conservación das instalacións do alumeado público.
Ademais, o Pleno desestimou a solicitude de rectificación do Inventario Municipal de bens e dereitos en relación co camiño da Chadiña, en Candeán. Así mesmo, quedou aprobada definitivamente a modificación puntual do Estudo de Detalle da Unidade de Actuación 11 As Roteas, en Oia, e desestimouse a aprobación inicial do Estudo de Detalle presentado pola mercantil "Esgasa Galicia".
Descargar todas as imaxes