Escoitar

O pianista ruso Evgueni Starodoubtsev actuará no Auditorio Caixanova

O martes 31 de maio ás 21:00 horas, no Auditorio Caixanova, o pianista ruso Evgueni Starodoubtsev ofrecerá un concerto dentro da programación do Festival Internacional de Piano Vigo 2005.

luns, 30 mai 2005
1117450174eugeni.jpg
Naceu en decembro de 1981 en Khimki (Moscova). Comezou a tocar o piano á idade de 7 anos. En 1991 foi aceptado na Escola Central da Música de Moscova. Graduouse como compositor e pianista en 1999 e desde o ano 2000 continuou os seus estudos de piano baixo a dirección de Natalia Troull.

Ten interpretado a súa propia música e también ten tocado música de cámara e música do século XX. Gañou o terceiro premio e tamén o premio especial á mellor interpretación dunha sonata de George Enescu no Concurso Internacional de Piano George Enescu de Bucarest (Romanía), en 2003. Tamén foi gañador do primeiro premio no 5º Concurso Internacional de Piano Compositores de España e recibiu o Premio á Mellor Interpretación de Música Española (Edición Joaquín Rodrigo). Desde hai tres anos, continúa os seus estudos no Conservatorio Estatal de Moscova.
Descargar todas as imaxes

Máis información