O mércores póñense á venda as entradas para os concertos de jazz que terán lugar no Auditorio Municipal
As entradas para os concertos que no marco do I Festival Internacional de Jazz de Vigo desenvolveranse no Auditorio Municipal poñeranse á venda o vindeiro mércores, 1 de xuño, a un prezo de 3 euros cada unha.
O músico alemán Nils Wogran o 24 de xuño, Gianluigi Trovesi Octect, que preséntase por primeira vez en España o 25 de xuño, o contrabaixista portugués Carlos Barreto acompañado por François Corneloup o 26 de xuño, e o tamén músico alemán Joaquin Künh o 2 de xullo, serán os artistas que actuarán neste escenario municipal.
Por outra banda, atópase xa pechada a programación de conferencias e mesas redondas, que se desenvolverán baixo o título "Sobre a música e o concepto jazz que se desenvolve en Europa (España en relación ao continente)" no salón de actos de MARCO, e de pasarrúas.
Deste xeito, o luns 20 xuño 2005, ás 20.00 horas terá lugar a conferencia: "O jazz en Europa: Historia e situación actual", a cargo do escritor, crítico e docente Carlos Sampayo.
O martes 21 xuño 2005, tamén ás 20.00 horas, desenvolverase a mesa redonda: "A difusión do jazz no ámbito local (Galicia), España e Europa", que será coordinada polo periodista de La Voz de Galicia Juan Torreiro e na que participarán o director artístico do Festival de Perpiñan-Francia e membro de AFIJMA, Yann Causse; o director artístico do Festival de Xábia-Alicante e representante do Instituto Valenciano de la Música, Jorge García; o director da revista Cuadernos de Jazz, Raúl Mao; e o músico e compositor Ramón López.
O luns, 27 xuño 2005, será o crítico literario, redactor da revista Cuadernos de Jazz e docente Enrique Turpin o encargado de impartir a conferencia: "Influenzas e novas tendencias ¿Por qué se acollen tantas músicas baixo a etiqueta jazz?".
O martes, 28 xuño 2005 terá lugar a seguinte mesa redonda que, coordinada polo periodista Javier de Cambra tratará o tema "O aspecto creativo da música: Influenza e condicionamentos do jazz do outro lado do Atlántico en relación ao contexto". Na sesión participarán Ivo Martins, director do Festival de Guimarâes (Portugal); Agustí Fernández, músico, compositor e docente; Nani García, músico e productor discográfico, e José María García Martínez, periodista e crítico de El País.
Por outra banda, no apartado de pasarrúas, Dr. Macarroni, Los Krokodillos e Spirits Jazz Band serán as agrupacións encargadas de levar ás rúas da cidade a música de jazz.
Así, o 17, 18 e 19 de xuño DR. MACARRONI Latin Jazz Brass interpretará nas rúas viguesas a súa orixinal rvisión das composicións de mestres como Duke Ellington, Herbie Hancock ou Thelonius Monk.
Jonathan Badichi á trompeta, Tomas Johnson ao trombón, Miguel Bestard á tuba, Alejandro Pérez, tenor, Ronnie George ao bombo e Peter Dieterle á caixa, percorrerán a historia do jazz a través do que eles consideran os seus mellores e máis representativos temas nun viaxe ate o ambiente de Nova Orleans.
O 24, 25 e 26 de xuño serán LOS KROKODILLOS quenes interpretarán a enérxica música de jazz do New Orleans dos anos vinte, cun estilo propio, cheo .de swing. O grupo, formado por Mikha Violin ao banxo e voz, Sophia MacRae ao clarinete e voz, Glenn Jacobi ao trombón e voz, Chiaki Mawatari á tuba e voz, e Marti Elias á batería, ashboard e voz, ten tocado recentemente no Festival Internacional de Jazz de Albacete e en diversos festivais ao aire libre auspiciados pola cidade de Barcelona.
Finalmente, o 1, 2 e 3 de xullo, serán os SPIRITS JAZZ BAND os que percorrerán as rúas viguesas.
Joseph Siankope á trompeta e voz, Arturo Cid ao clarinete, Fernando Berruezo, saxo tenor, Marce Merino ao banxo e Antonio "NTuba" Martí á tuba teñen participado en varios festivales de jazz por toda a xeografía española así como en actos institucionais, recepcións, campañas publicitarias, inauguracións e actos de clausura en festivais de cine.
Tamén levan a cabo diferentes proxectos pedagóxicos e de iniciación á música dirixidos especialmente á poboación infantil, tratando en cada un deles os distintos aspectos do coñecemento básico musical.