Moción que presenta ó Pleno ó Grupo Municipal de Democracia Progresista Galega

Moción sobre as catástrofes marítimas

venres, 10 out 2003

O grupo municipal de Democracia Progresista Galega propon para o seu debate na Pleno da Corporación unha moción sobre as catástrofes marítimas e solicita á Xunta de Galicia a elaboración dun rigoroso Plan Territorial de Continxencias Marítimas.<br /> <br />

O Concello instalará colectores soterrados para a reciclaxe de residuos

luns, 29 set 2003

O pleno aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente para a instalación de colectores soterrados nos puntos que o Concello estableza por un importe de 966.000 € e unha vixencia ata que se rematen as obras e en todo caso ata o 31 de decembro de 2003, se ben poderá prorrogarse por mutuo acordo de ámbalas dúas partes. O obxectivo desta iniciativa é o de facilitar ós veciños e recollida selectiva e a posterior reciclaxe dos residuos.<br />

Mocións aprobadas no pleno

luns, 29 set 2003

A Corporación Municipal acordou aprobar dúas mocións presentadas polo partido PP relativas á limpeza de terreos lindantes ás vivendas do Gorxal e sobre as medidas para evitar o deterioro do entorno da parroquia da Paz.