venres, 25 xuñ 2004
A Corporación municipal celebra sesión plenaria o luns, día 28, a partir da nove da mañá. Entre outros asuntos someterase a votación un acordo da Xunta de Voceiros relativo a actuacións a realizar no 25 cabodano do poeta Celso Emilio Ferreiro.
luns, 14 xuñ 2004
A Corporación municipal aprobou en sesión plenaria a aprobación definitiva do Regulamento Orgánico do Tribunal Económico-Administrativo municipal do Concello de Vigo.
venres, 11 xuñ 2004
Orde do día para a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación que terá lugar o día 14 de xuño de 2004, ás doce horas, no salón de Plenos deste Concello.
luns, 31 mai 2004
O Pleno da Corporación Municipal aprobou, por unanimidade, que o Concello manifeste a súa condea á violencia de xénero mediante a convocatoria dunha concentración ás 12 h na Praza do Rei e gardar un minuto de silencia en cada sesión plenaria, cada vez que se produza un novo asasinato.
venres, 28 mai 2004
A Corporación Municipal reunese o luns en sesión plenaria, de carácter ordinario, a partir das nove da mañá, cunha orde do día de 19 asuntos, entre os que figura a aprobación inicial da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola utilización do Verbum-Casa das Palabras- e a solicitude de declaración como Ben de Interese Cultural ao conxunto histórico do Casco Vello de Vigo.
luns, 24 mai 2004
Os grupos da oposición, PSdG-PSOE e BNG, votaron en contra do proxecto do presupostos presentado polo de Goberno Municipal , no transcurso dunha sesión plenaria celebrada esta mañá no Concello. Esto obriga á prorroga do orzamento xa que o partido do goberno non teñen maioría na Corporación.
O Goberno presenta unhas contas que ascenden a 178.209.428 euros, con preto de 18.000.000 euros para investimentos
venres, 21 mai 2004
O Pleno da Corporación debaterá o vindeiro luns, 24 de maio, os orzamentos municipais do ano 2004, unhas contas que ascenden a 178.209.428,49 euros, dos cales preto de 18.000.000 euros serán para investimentos. O orzamento resposta ás demandas e oportunidades que presenta a cidade de Vigo. Deles, o 34,28 por cento corresponden a gasto comprometido, pero tamén se recollen cuestións referidas á seguridade, coma a adquisición dun novo vehículo para o parque de bombeiros ou a merca de novos radares para o control da velocidade na cidade. Ademais, se aborda o plan de emerxencias de Vigo.
mércores, 19 mai 2004
A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno no que se sortearon a formación das mesas electorais para as vindeiras eleccións europeas que se celebrarán o 13 de xuño.
luns, 26 abr 2004
María Méndez Piñeiro e Amador Fernández Fernández, en nome do Grupo Municipal do BNG , presentaron para o seu debate e aprobación no Pleno da Corporación a moción relativa a reclamar do Ministerio de Fomento a titularidade da Avda. do Aeroporto e iniciar de inmediato os proxectos de mellora vial entre elas a dotación de rede semafórica e dunha redonda entre a Avda. San Cristovo e Avda. do Aeroporto.<br />
luns, 26 abr 2004
O Pleno da Corporación Municipal decidíu adherirse á mobilización europea da Marcha Mundial das mulleres que se celebrará en Vigo os días 22 e 23 de maio baixo o lema "Diferentes sí, desiguais non" cos obxectivos de loitar contra a pobreza e a violencia de xénero.