Pleno da Corporación

xoves, 31 mar 2005

Ao remate do Pleno Ordinario celebrarase un Pleno Extraordinario co punto único do Informe anual do Valedor do Cidadán, en cumprimento do artigo 29 do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Cidadán.

Pleno da Corporación

venres, 25 feb 2005

O luns 28 de febreiro terá lugar no Concello de Vigo un Pleno extraordinario para tratar o asunto da concesión da medalla de ouro da cidade ao Complexo Hospitalario Xeral-Cíes con motivo do seu cinconta aniversario. A continuación celebrarase o Pleno ordinario da Corporación.

Pleno e Xunta de Goberno

venres, 18 feb 2005

A Corporación municipal reunese o luns ás 9 da mañá en sesión plenaria, de carácter extraordinario,a fin da toma de posesión dos seus cargos de concelleiros do grupo municipal do BNG de Henrique Vietez Alonso e Silvia Bermúdez Pérez.

O Pleno do Concello aproba o inicio dunha campaña de divulgación da Constitución Europea

luns, 31 xan 2005

O Pleno do Concello celebrado esta mañá adoptou por unanimidade o acordo proposto polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para iniciar unha campaña de divulgación da Constitución Europea. Outra das mocións aprobadas por todos os grupos políticos, presentada polo PG, insta o equipo de goberno a conseguir os apoios precisos para que os voos de baixo custo operen desde Peinador.