O Pleno aproba melloras no PAU de Navia
O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por unanimidade unha moción do BNG relativa ao PAU de Navia, na que se insta, entre outras medidas, á mellora da seguridade dos accesos peonís e á prolongación das liñas de autobuses urbanos que teñen o seu remate no cemiterio de Coia.
En canto á mellora dos accesos peonís, a proposta realizada polos nacionalistas e asumida polos restantes grupos consiste en dotar inmediatamente o PAU de Navia dos "correspondentes sistemas de seguridade viaria", en especial ao acceso situado na intersección do Segundo Cinto coa avenida Ricardo Mella. Tamén no apartado da seguridade, o Pleno acordou que se acometa a sinalización vertical e horizontal precisa na parte do PAU xa transferida ao Concello.
Así mesmo, o Concello estudará a posibilidade de artellar novos accesos que fagan máis doada a comunicación desta área con Coia e Navia. Finalmente, a moción do BNG insta á "limpeza axeitada das beirarrúas" e á recollida de "todo o lixo verquido" no PAU de Navia.
Contratación de persoas discapacitadas
Tamén por unanimidade foi aprobada a moción presentada polo PSdeG-PSOE, pola que este partido demanda que o Concello reserve para persoas discapacitadas un 5% das contratacións temporais que realice. A porcentaxe deberá aplicarse, así mesmo, a todas aquelas contratacións de persoas que non se inclúen na oferta pública de emprego do Concello, como son proxectos, programas e accións puntuais, entre outras.
As outras dúas mocións incluídas na orde do día do Pleno tamén recibiron os votos favorables de todos os grupos. Pola primeira, presentada polo PG, o Concello solicitará do Goberno central a instauración dunha oficina do Rexistro Mercantil en Vigo. A segunda das mocións, proposta polo BNG, insta á rehabilitación e mellora das sendas botánicas do Castro, A Guía e Castrelos, no que se refire á súa sinalización integral e ao seu material divulgativo e didáctico.
Fóra da orde do día do Pleno, o BNG presentou outras dúas mocións, unha delas relativa ao Plan Industrial para o Estaleiro de Fene e a outra referente á adopción, por parte do Concello, de medidas que tendan á igualdade entre homes e mulleres.
Con respecto á primeira destas mocións, o Pleno acordou por unanimidade comunicarlle á Xunta de Galicia o seu apoio ao Plan Industrial para o Estaleiro de Fene. Ademais, o Pleno insta o Goberno central a adoptar medidas que permitan a desafección, por parte da SEPI, dos activos que no pasado pertenceron a Astano en Fene, para dedicalos á construción naval convencional no ámbito civil, garantindo ao mesmo tempo a plena carga de traballo na factoría de Navantia Fene. A proposta do BNG complétase coa reclamación á SEPI de garantías de continuidade no sector público para o persoal do estaleiro, así como de deseño e impulso de novos proxectos de reindustrialización na comarca de Ferrolterra.
En canto ás medidas para conseguir a igualdade entre homes e mulleres, o Pleno acordou asumir como punto de partida que as accións que se leven a cabo "son tarefa de toda a corporación municipal, corresponsabilizándose todas e cada unha das áreas de goberno de levalas a cabo". Aspectos como o asesoramento a mulleres vítimas da violencia de xénero, a educación non sexista, os programas de promoción da saúde e a presenza igualitaria de homes e mulleres nos órganos de xestión serán abordadas desde esta perspectiva.
Descargar todas as imaxes