Con Te de Teatro presenta o espectáculo de monicreques premiado en FETEN
Teatro de la Luna pon en escena a obra "Ferdinando" no auditorio Municipal o día 24 ás 18 horas, dentro da programación de teatro da Concellería de Cultura. A obra foi premiada en FETEN 2005 como mellor espectáculo de monicreques e está recomendada para público a partir de 3 anos. O prezo de entrada é de 3 euros adultos e 2 euros infantil.
Ferdinando está baseado no conto de Mundo Leaf e inspirado nas obras de Alberto Sánchez.
Ferdinando é feliz na devesa, medrou no campo e saborea os arrecendos que foi almacenando cos anos. Góstalle cheirar as frores, contemplar a paisaxe... un día chegan á devesa uns homes que buscan toros para a corrida de Madrid. Ferdinando prefire retirarse, pero sen decatarse séntase enriba dunha avespa que lle pica. Furioso emprende unha carreira para aliviar a picor e os homes ao velo cren ter atopado ao exemplar máis fero para Madrid... Pero, que fará Ferdinando no medio da praza se non lle gosta pelexar.
Descargar todas as imaxes