Escoitar

O Eixo Atlántico edita o libro "A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal"

O Eixo Atlántico acaba de editar o libro "A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", no que expertos galegos e portugueses reflexionan sobre as novas formas de democracia e de gobernanza e a súa progresiva aplicación na administración da Eurorrexión.

xoves, 22 feb 2007
1172150447portadalibro.jpg
A gobernanza constitúe un dos conceptos prioritarios das políticas da Comisión Europea no novo período de programación de fondos comunitarios 2007-2013. Este término define novos modelos de democracia e novos métodos de relación entre a administración e o cidadán.

O debate sobre a gobernanza e as iniciativas relacionadas coa súa adopción é ainda incipiente tanto en Galicia como en Portugal, polo que este libro constitúe un dos primeiros materiais para un debate que pretende identificar as necesidades e cambios en materia de gobernanza.

Reunión da Comisión Europea en Ourense

O venres, 23 de febreiro, os responsables de medio ambiente dos 18 concellos que conforman o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e responsables da CCDR-N vanse reunir en Ourense co responsable do Progama LIFE + da Unión Europea.

O programa LIFE+ constitúe o instrumento financieiro máis importante da Unión Europea para a actuación en materia medioambiental, destinado a racionalizar e simplificar a concesión de financiación durante o novo período de fondos comunitarios 2007-2013. LIFE+ sustitúe aos programas financieiros LIFE, o programa urbano, o programa ONG e Forest Focus, co fin de reunilos nin conxunto único de normas e procedementos de decisión e focalizar de forma máis precisa as intervencións comunitarias facéndoas deste xeito máis eficaces.

As actuacións do programa LIFE+ van orientadas a dous ámbetos: Aplicación e gobernanza ,( que abarca o entre o 75% e o 85% dos fondos) co fin de facilitar o desenvolvemento de instrumentos innovadores que permitan a posta en marcha da política europea de medio ambiente a nivel rexional e local; e a Información e Comunicación ( entre o 2% e o 25% dos fondos do programa) para fomentar a difusión de información e aumentar a sensibilización dos cidadáns en materia medioambiental.

O obxectivo principal da reunión é que as cidades obteñan información directa sobre a política medioambiental da Unión Europea e dos instrumentos financieiros que permiten o seu desenvolvemento.

Con este encontro ábrese un ciclo de reunións coa Unión Europea nas principais áreas de traballo do Eixo Atlántico (cultura, modernización administrativa, innovación, educación, enerxía e medioambiente, turismo e xuventude) que se desenvolverá ao longo de todo o 2007, ano no que comeza o novo período de programación dos Fondos Comunitarios.
Descargar todas as imaxes