Escoitar

Presentada a revista "Ciencia"

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, ven de presentar unha nova publicación co nome "Ciencia " da Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo coa que se pretende divulgar coñecementos da ciencia e da astronomía . No acto de presentación estiveron tamén o presidente da agrupación, Antolín Franco o director da publicación, Fernando Mori.

mércores, 21 feb 2007
1172064312ciencia.jpg
Portada revista
O numero 1 da publicación recolle artigos sobre ciencia e seudociencia, o novo sistema solar, a ciencia en Galicia, historia de Estación Espacial Internacional , Galaxias: universo en expansión, entre outros asuntos.

A revista, de carácter gratuíto, distribuirase entre os centros de ensino, universidade, bibliotecas e centros sociais.

A Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo é unha asociación sen ánimo de lucro formada a finais do ano 2000 e conta nestes momentos con 100 socios. Realiza tarefas de divulgación mediante charlas e coloquios tanto en Vigo como noutras cidades como Pontevedra e Ourense.

A Agrupación realiza tamén saídas nocturnas de observación, con prismáticos e telescopio , a lugares alleos dos núcleos urbanos para evitar a contaminación lumínica.

A revista conta coa colaboración da concellería de Cultura e Caixanova.
1172064312ciencia.jpg
1172064359ciencia2.jpg
Descargar todas as imaxes