O Concello inicia os traballos nas praias
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa e os técnicos municipais do Órgano Xestor de Praias realizaron está mañá unha visita polos diferentes areais para avaliar os traballos que se terán que realizar de cara a Semana Santa se a meteoroloxía é favorable e cara o verán.
O órgano xestor de praia está conformado polos departamentos municipais de Medio Ambiente, Sanidade , Seguridade e Transportes, Limpeza, Montes, Parques e Xardíns, Parque Móbil, funciona desde hai dous co obxectivo de mellorar as praias da nosa cidade, areais, recuperación dos mesmos e dotar de servicios e equipamentos.
Na praia do Vao estase a traballar na recuperación da duna e realizando accións que imposibilite a perde a area. Tamén nesta zona está previsto a plantación de pinos en zonas nas que non había vexetación. Esta praia contará con paneis informativos nos que se explicarán os traballos de recuperación e se ilustrará sobre cómo eran estes areais hai anos. Cos carteis informativos pretendese tamén concienciar ás persoas dos traballos de recuperación e que permitan os mesmos.
Na praia de Samil, na zona próxima ao Centro Deportivo Municipal, o órgano xestor decidiu actuar cunha dunha artificial para evitar a perda de area cando hai mal tempo ou temporal , para que despois se consolide dunha forma natural.
O coordinador do órgano xestor, Jesús Núñez Torrón, informou que se está a redactar un proxecto de mellorar dos accesos das praias de Carril e Santa Baia xa que hai un pequeno problema de arrastre de terra .
Por outra banda, o Concello presentou solicitude de bandeiras azuis para as praias de La Punta, Rodas, Tombo do Gato, Vao, Fontaiña, Canido, Argazada.
Nestas praias instalaranse paneis nos que se informará da radiación solar para que a xente se protexa adecuadamente segundo o tipo de pel que se teña e o tempo de exposición recomendable coa radiación que haxa.
En canto aos servicios de socorrismo e salvamento manteranse igual que o año pasado con efectivos da Cruz Vermella e Protección Civil. A limpeza das praias que se está a facer con persoal municipal durante todo o ano incrementaranse a en 20 persoas mais a partir do mes de abril.
Descargar todas as imaxes