O Goberno aproba as bases de subvencións para eventos deportivos
A Xunta de Goberno acordou as bases definitivas de subvencións a entidades deportivas para a organización de eventos a actividades durante o ano 2007 para o que se destina a cantidade de 180.000 euros.
En Vigo desenvólvense cada ano uns 160 eventos deportivos, sendo de competencia municipal instrumentar os programas destinados ao fomento dos eventos máis axeitados para a dinámica deportiva da cidade.
Poderán solicitar axudas á presente convocatoria os clubs , asociacións e entidades deportivas que cumpran os requisitos e que desenvolvan a actividade ou evento a subvencionar na cidade de Vigo. As axudas e irán destinadas a cubrir os gastos directamente relacionados coa organización do evento ou actividades para o que se solicita a subvención.
Centro de Día
O Goberno Local acordou a aprobación do convenio de colaboración coa Cruz Vermella para a prestación do servizo do Centro de Día para persoas maiores durante o ano 2007 por un importe de 106.866,40 euros. O Centro de Día está situado na rúa Cánovas del Castillo e permite que os maiores poidan vivir no seu entorno natural e familiar e este dispositivo os posibilita dunha atención persoal, terapéutica e social en réxime diúrno . O numero de prazas obxecto do convenio é de 25 usuarios. O horario do centro é de 9.00 a 18.00 de luns a venres.
Concurso de comunicación
O servizo de Normalización Lingüística e o Verbum convocan o " I Concurso de comunicación: escritura, imaxe e son" co obxectivo de achegarse á lingua galegas nos tres aspectos da comunicación . O certame está destinado aos escolares que cursen os ciclos de primaria e secundaria. O tema central do concurso xirará arredor da vaca coincidindo co desenvolvemento na cidade da Cow Parade.
A Xunta de Goberno aprobou a contratación as obras de reparación e mantemento da pasarela metálica de Coia sobre Avda. Castelao por 53.852,164 euros.
Descargar todas as imaxes