Cita co teatro e a danza alternativos en Vigo a partir do 23 de febreiro
O Departamento de Cultura do Concello e a Asociación Cultural "Noescafé-Teatro" organizan a sexta edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo (ALT.o7), que se desenvolverá do 23 de febreiro ao 10 de marzo.
O programa, que supón un importe de 65.000 euros, busca, como en edicións anteriores, un punto en común entre todos os traballos para que o Festival teña unha dramaturxia propia. "Este ano", explica a directora do evento, Lola Correa, "hai en todas as compañías un punto de conexión co espectador amosando as distintas problemáticas sociais que agochan un drama dos nosos días", como poden ser a inmigración clandestina, o medo ao diferente ou a morte en soidade nunha sociedade globalizada. Dramas que se abordarán en ALT.o7 "através de fermosas imaxes ás veces e con moita crueza outras".
As principais novidades para esta edición de ALT.o7 son, en primeiro lugar, a incorporación da música, coa colaboración do Festival Sinsal de Vigo e da Sala Nasa de Santiago para traer o grupo catalán Cabo San Roque, e en segundo lugar, o cine, xentileza do Instituto Goethe, cun ciclo dedicado a Bertolt Brecht.
O Festival comezará coa inauguración, o 23 de febreiro, da exposición fotográfica "30 anos de danza-teatro alemán", que permanecerá na Casa Galega da Cultura ata o 18 de marzo. Esta é unha das actividades paralelas coas que se completará o programa de ALT.o7, xunto coas actuacións de danza nos autobuses urbanos e nas rúas (a cargo do Centro Coreográfico Galego) e performances, conferencias, presentacións, proxeccións de vídeo-danza e o propio ciclo de cine.
A organización de ALT.o7 quixo que o Festival estea presente en diversos puntos da cidade, de aí as actuacións nas rúas e nos autobuses. Con isto preténdese achegar o teatro e a danza a persoas non habituadas a estas artes. Nesta mesma liña, a primeira representación do Festival terá lugar na praza de Compostela, o 24 de febreiro, a cargo da compañía barcelonesa La Invenció, coa obra "Las puertas del cielo".