Escoitar
Anuncio Desenvolvemento Local e Emprego

Programa de formación en empresas con compromiso de contratación

<br />

venres, 16 feb 2007
O Concello de Vigo dende a Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego xestiona o Plan municipal de emprego 2004-2007 (aprobado polo Pleno da Excma. Corporación municipal na súa sesión do 26 de xaneiro de 2004) que abarca un conxunto unitario de accións encamiñadas a mellorar as condicións de ocupabilidade das persoas desempregadas neste concello. Unha das accións a levar a cabo é o Programa de "Formación en empresas con compromiso de contratación", que se basea na sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e as empresas interesadas en desenvolver cursos adaptados ás súas necesidades. O Concello de Vigo financia na súa totalidade a actividade formativa, fai a preselección entre as persoas beneficiarias do Servizo de orientación laboral, aínda que a empresa tamén poderá participar nesta, e leva un seguimento exhaustivo do seu desenvolvemento. A entidade colaboradora realiza a acción formativa comprometéndose á contratación dun mínimo do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente dita actividade, por un período non inferior a tres meses.

Para participar no Plan Formativo que se desenvolverá no ano 2007, presentarase á Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego un programa e un presuposto que serán avaliados por este departamento municipal.

O programa recollerá: obxectivo do curso, obxectivos específicos de cada módulo, módulos formativos (contidos teóricos e prácticos e duración de cada módulo), núm. de participantes e o seu perfil, núm. de horas total do curso, data prevista de inicio e remate do curso, horario, medios didácticos e lugar de impartición, metodoloxía e avaliación.

O presuposto recollerá: custos docentes, custos materiais e seguro do alumnado.

Nesta convocatoria será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 12 de marzo de 2007 e só se admitirán accións de formación que se poidan impartir dentro do ano en curso na súa totalidade.

Para calquera consulta sobre estes aspectos pode contar co asesoramento permanente do departamento:

Servizo de orientación laboral - SOL
Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego
Pza. do Rei, núm. 1, 4º andar. 36202 Vigo
Tfnos: 986 810 232 / 986 810 234
http://emprego.vigo.org