Escoitar

O PSdeG-PSOE pide información sobre Finca do Conde ao Goberno local

O portavoz do PSdeG-PSOE, Mauricio Ruiz, pediulle ao Goberno local hoxe xoves información sobre as correccións propostas polo Concello á Xunta de Galicia en relación ao PEPRI de Finca do Conde, despois de que unha sentenza do Tribunal Supremo anulase este proxecto por consideralo contrario ao establecido no Plan Xeral en vigor.

xoves, 15 feb 2007
1171551193xeren150207.jpg
Reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Mauricio Ruiz dixo que o seu grupo ten intención de pór en coñecemento da xustiza uns feitos na súa opinión contrarios á legalidade urbanística vixente. Neste sentido, o representante do PSdeG-PSOE indicou que polo de agora "imos esperar a que saian sentenzas" que cofirmen a do Tribunal Supremo. Mauricio Ruiz engadiu que os socialistas pedirán que os "responsables políticos" da situación de Finca do Conde "respondan ante os tribunais" e asegurou que legalizar o centro comercial mediante o Plan Xeral que se está tramitando siginificaría "abundar máis no que xa se fixo".

O portavoz do PP, José Manuel Figueroa, sinalou como causa das sentenzas contrarias ao centro comercial en Finca do Conde a "inseguridade xurídica" do Plan Xeral de 1993, deseñado, lembrou, polo PSdeG-PSOE. Figueroa engadiu que é este partido o que impide a solución do problema ao bloquear a aprobación do novo PXOM. Con respecto a esta, o portavoz do PP asegurou que os vigueses "estamos cercados" por un PSdeG-PSOE que ten decidido xa, afirmou, que o Plan Xeral "non se aprobe antes das eleccións".

En representación do BNG, Henrique Viéitez indicou que os nacionalistas "non somos partidarios de xudicializar a vida política" e engadiu que a legalización de Finca do Conde é "o que se pretende corrixir" co novo PXOM, cuxa aprobación "non está nas nosas mans", segundo lembrou.
Descargar todas as imaxes