Coplas para recibir o Entroido
A praza da Constitución será o escenario onde actuarán os grupos que participan no concurso de coplas do Entroido vigués co que o Concello pretende rescatar , dende hai tres anos, unha tradición que se perdera vinte anos atrás. A primeira cita será o xoves ás 19:00 horas e a segunda o venres , día 16 , á mesma hora.<br />
Os grupos "La Comparsita", "Chorouvía" de A.V. Cabral e "Bouzacoba" do Freixo competirán o xoves, día 15, coa interpretación de dúas cancións. O día seguinte, no mesmo lugar e á mesma hora de 19:00 a 22:00 , subirán ao escenario os grupos "Tiro-Tirolés" de Candeán, "Os Tarteiras" do Casco vello e "Animodo" de Domaio.
O venres tamén terá lugar , na praza da Constitución, a lectura do pregón que estará a cargo da participante viguesa na última edición de Operación Triunfo, Eva Carreras, e a entronización do Meco que simbolizará o AVE e a Depuradora.
Descargar todas as imaxes