Corina Porro visita as obras de humanización de Coia
A alcaldesa, Corina Porro, visitou Coia hoxe mércores para coñecer de primeira man os traballos que se están levando a cabo dentro dun plan de humanización que o Goberno local considera necesario para este barrio. As actuacións incluídas neste plan supoñen un investimento de 18,5 millóns de euros.
As obras, nalgúns casos en período de execución e noutros en plena licitación, significarán o asfaltado de 20 viais (destes, dez están concluídos xa), a reposición de beirarrúas en 13 e a mellora de beirarrúas na avenida de Castelao, así como a colocación de 76 novas luminarias no parque da Bouza, a execución dun aparcadoiro en superficie duns 1.300 m2 e con capacidade para 60 vehículos na rúa Cangas e a construción dunha rampa na rúa A Garda para mellorar a accesibilidade.
Corina Porro sinalou que as rúas de Vigo padecen "un problema de falta de mantemento" e que Coia é "un dos barrios máis deteriorados", polo que se facía necesario "un plan de actuación rápido". Un plan que, ademais da recuperación dos espazos urbanos, contemplase novos equipamentos para o barrio.
Así, están "a punto de adxudicarse" a execución dunha piscina na Florida (obra valorada en 2,6 millóns) e un centro de día (400.000 euros). Tamén se adxudicará proximamente unha pista polideportiva ao aire libre na rúa Luis Casado. Outros equipamentos incluídos na humanización de Coia son unha escola infantil na Quintela (200.000), unha Unidade Básica de Acción Social para persoas necesitadas e un xardín diante da igrexa do Rocío, que será o xardín gañador do festival que se celebra en Ponte de Lima.
Outro equipamento destacado dentro do Plan Coia é o centro cívico que estará situado no edificio do antigo Colexio Alemán, na Bouza. Este centro cívico contará cun auditorio para 360 persoas, unha zona social, unha oficina de atención municipal, biblioteca, ludoteca e acceso a Internet.
Ademais, o Concello proxecta como grande obra para o barrio un párking subterráneo de 400 prazas, das que a metade estarán reservadas para os veciños. Este aparcadoiro , valorado en 12 millóns de euros, está pendente de adxudicación.
Corina Porro adiantara na presentación destas actuacións que o Plan de Humanización do Contorno de Coia "é unha realidade", xa que "temos todas e cada unha das partidas e todas e cada unha das actuacións estudadas".
Paralelamente a esta inciativa, a alcaldesa anunciou hoxe mércores a posta en marcha dun grupo de dez patrullas que realizarán labores de mantemento de beirarrúas en toda a cidade. O traballo destas patrullas, explicou Porro, axudará a abordar os plans de humanización proxectados polo Concello para mellorar a imaxe de Vigo e a calidade de vida dos seus habitantes.
Na súa visita a Coia, a alcaldesa estivo acompañada pola concelleira de Distrito, Marisol Polo, e o concelleiro de Vías e Obras, Carlos Comesaña.