A aventura dos Exploradores
A concellería de Xuventude e grupos scouts organizan, durante o primeiro semestre do ano, a actividade "A aventura dos exploradores" co que se pretende iniciar aos participantes no coñecemento práctico do medio natural e as técnicas para a vida na natureza.
Coincidindo co primeiro centenario da fundación dos scouts a Asociación Galega de Escultismo, Breogán Scouts, xunto a Scouts B.P. de Galicia, e a Escola de Tempo Libre Fervenza, en colaboración coa Concellería de Xuventude , organizan durante o primeiro semestre deste ano, un proxecto denominado "A aventura dos exploradores", destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos. O propósito do mesmo é estimular a afección pola natureza, as actividades ao aire libre, o exercicio físico, e o deporte en xeral, así como coñecer distintas zonas verdes e parques forestais da cidade, o seu encanto e biodiversidade, e aprender a respectalas.
Co programa preténdese iniciar aos participantes no coñecemento práctico do medio natural e as técnicas para a vida na natureza, mediante actividades baseadas no xogo e na participación directa dos rapaces, a realizar en distintas zonas verdes da cidade.
Calendario de actividades
25 de febreiro: "A busca do tesouro", a realizar no monte do Castro. Encamiñada a ensinar as técnicas básicas de orientación, así como o coñecemento do parque.
18 de marzo: "Seguindo a pista", a desenvolver no parque de Castrelos, mediante un xogo cuxo obxectivo principal é ensinar aos participantes os coñecementos elementais sobre seguridade no monte e hixiene nas actividades deportivas.
22 de abril: "A ruta dos sendeiros". Terá lugar no monte Vixiador, e consistirá nunha pequena ruta e a realización de diversos xogos na natureza.
A inscrición realizarase na Casa da Xuventude, na rúa López Mora 31, antes do día 21 do mes actual.
http://aventura.breogan-scouts.org/
http://campamento.breogan-scouts.org/