venres, 16 febreiro 2007

Comeza o Entroido en Vigo

O programa oficial do Entroido 2007 iniciarase hoxe venres ás 19:00, cando Eva Carrera, participante de OT,lea o pregón das festas na praza da Constitución. Despois, no mesmo lugar, celebrarase a segunda e definitiva xornada do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano fará ao AVE e á Depuradora.

Presentada a "Ruta de arquitectura racionalista" en Vigo

venres, 16 feb 2007

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves e o subdirector da Fundación CaixaGalicia,José Victorio Nogueira Barcia, presentaron a "ruta da arquitectura racionalista en Vigo" coa que se pretende a difusión do patrimonio arquitectónico da cidade e completa outros traballos que se veñen realizando neste sentido.

Racións de mexillóns un euro para promocionar o Casco Vello

venres, 16 feb 2007

Establecementos hosteleiros do Casco Vello queren dinamizar esta zona ofrecendo do 23 de febreiro ao 11 de marzo, por un euro, racións de mexillóns ao vapor e especiais. Deste xeito, espérase que moitos vigueses visiten o Casco Vello para facer rutas de degustación.

Marcha de apoio a Oscar Pereiro

venres, 16 feb 2007

O domingo, día 18, as rúas de Vigo acollerán a "marcha amarela" en apoio ao ciclista Oscar Pereiro. O acto ten dous encontros: a marcha cicloturista ás 10 da mañá e a marcha popular ás 12 horas.<br />