Presentada a "Ruta de arquitectura racionalista" en Vigo
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves e o subdirector da Fundación CaixaGalicia,José Victorio Nogueira Barcia, presentaron a "ruta da arquitectura racionalista en Vigo" coa que se pretende a difusión do patrimonio arquitectónico da cidade e completa outros traballos que se veñen realizando neste sentido.
A difusión desta ruta realízase a través dun folleto que presenta 12 edificios encadrados neste estilo, do que se editan 5.000 exemplares e se distribuirán a través das oficinas de Turismo do Concello e de diversos contros culturais da cidade.
Esta iniciativa remata o proxecto de difusión da arquitectura racionalista recollido no convenio entre o Concello de Vigo e a Fundación CaixaGalicia para o desenvolvemento de actividades culturais.
Ademais do folleto sobre a ruta, o programa de colaboración inclue a edición do libro "Arquitectura racionalista en Vigo", de 214 páxinas, do que é autor o arquitecto Jose Luis Varela Alén; a instalación de placas identificativas dos doce edificios da ruta situadas no chan diante de acada das edificacións e a exposición ,de producción propia do Concello de Vigo , "Arquitectura de Vangarda. Vigo 1933/44" que está aberta ao público na Casa das Artes ata o próximo domingo día 18 de febreiro, da que é comisario Jose Luis Varela Alén.
Os edificios incluídos na ruta de arquitectura racionalista en Vigo son:
1.- Edificio Galoya. Porta do Sol.
2.- Edificio Sanchón. Policarpo Sanz, 28-34.
3.- Edificio Crespo Filgueira. Cuba 2
4.- Banco de España (Casa das Artes) Policarpo Sanz/Reconquista.
5.- Edificio Cesáreo González. Praza de Portugal
6.- Edificio Curbera. García Barbón 30
7.- Edificio Iglesias Curty. Praza de Compostela/Reconquista.
8.- Edificio Alonso Giménez. Areal/Pontevedra.
9.- Escola de Comercio. Torrecedeira 105
10.- Bloque de vivendas Pernas. Praza de América.
11.- Edificio Albo. Gran Vía/Urzaiz.
12.- R. C. Naútico. Paseo das Avenidas.
Descargar todas as imaxes