Comeza o Entroido en Vigo
O programa oficial do Entroido 2007 iniciarase hoxe venres ás 19:00, cando Eva Carrera, participante de OT,lea o pregón das festas na praza da Constitución. Despois, no mesmo lugar, celebrarase a segunda e definitiva xornada do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano fará ao AVE e á Depuradora.
O sábado 17, vintecinco comparsas tomarán parte no tradicional desfile, que partirá de García Barbón, seguirá por Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol, lugar que será escenario, de 22:30 a 02:30, dunha verbena amenizada polas orquestras "Cinema Orquestra" e "Nueva Generación". Os palcos situaranse no Sireno e diante do Centro Cultural Caixanova.
Para os máis pequenos, haberá inchables, obradoiros e actuacións na praza do Rei, na lonxa do Concello e no Auditorio Municipal, de 16:00 a 20:00 horas, o domingo 18, o luns 19 e o martes 20. O luns, ademais, haberá o Festival Folk do Entroido a partir das 19:30 na praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes