Escoitar

Último día do Entroido

O Entroido chega ao seu fin mañá mércores, día 21, co desfile do enterro do Meco, que terá lugar a partir das 19:30 horas , no que a comitiva de comparsas acompañará ao cadaleito polas rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.

martes, 20 feb 2007
1171978707cartelentroido.jpg
DÍA: Mércores 21 de Febreiro.
ACTIVIDADE: Velorio do cadaleito.
LUGAR: Praza da Constitución.
HORA: 18:30 horas.

ACTIVIDADE: Enterro do Meco. Desfile de Comparsas acompañando ao cadaleito polas seguintes rúas: García Barbón, Policarpo Sanz, e Porta do Sol. (O palco para o xurado instalarase á altura do nº 22 de García Barbón.
HORA: 19:30.

ACTIVIDADE: Responso, enterro e lectura do testamento.
LUGAR: Praza da Constitución.
HORA: 21:00 horas.

ACTIVIDADE: Lectura da acta do xurado e remate das festas do Entroido.
LUGAR: Praza da Constitución.
HORA: 21:15 horas.

Médidas de tráfico

O Concello estable as seguintes medidas de tráfico, o mércores 21,con motivo do desfile do "Enterro do Meco".

PERCORRIDO:
Rúa García Barbón (dende a rúa Serafín Avendaño), Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
HORA DE SAÍDA DO DESFILE: 19,30 horas.
LUGAR DE FORMACIÓN DO DESFILE: Entre o nó de Isaac Peral e a rúa Serafín Avendaño.
HORA DE CHEGADA DAS COMPARSAS INSCRITAS AO LUGAR DE FORMACIÓN DO DESFILE: 18,30 horas.

Desvíos

Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido non poderán facelo dende a hora establecida.
Quedará cortado o tráfico procedente de Teis cara a García Barbón na rotonda de Isaac Peral.
Quedará cortado o tráfico procedente das rúas Falperra e Pi y Margall no Paseo de Alfonso.
Quedará cortado o acceso dende a rúa Progreso pola rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.

Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz serán desviados no cruce coa rúa Vázquez Varela. Aconséllase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
Soamente se permitirá baixar Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.
Os vehículos que circulen pola Gran Vía descendente cara a Alfonso XIII e Avda. García Barbón, serán desviados no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
Os vehículos que procedan da rúa Torrecedeira serán desviados no Paseo de Alfonso cara a rúa Venezuela.

Cortes de tráfico

Rúa García Barbón-Isaac Peral
Paseo de Alfonso
Rúa Colón-Areal
Rúa López de Neira-Doutor Cadaval.
Rúa Alfonso XIII-Cervantes
Rúa Urzáiz-Lepanto
Rúa Urzáiz-México
Rúa Urzáiz-Vázquez Varela
Rúa Canceleiro-Rosalía Castro
Rúa República Argentina-Uruguai.

Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar con dirección ao centro da cidade a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía. Preferentemente recomendase a circulación pola circunvalación Arquitecto Palacios e Gran Vía.
Desaconséllase totalmente a tódolos condutores/as a circulación pola Gran Vía dende a Praza de España á rúa Urzáiz.
Recoméndase aos vehículos procedentes de Teis que utilicen Travesía de Vigo, Arquitecto Palacios e o túnel de Beiramar.






Desaconséllase totalmente a saída da autoestrada pola rúa Alfonso XIII, debido a que ó estar pechada a rúa Cervantes, se invertirá a circulación para sair as rúas Baixada á Estación e Urzáiz.
Prevense importantes retencións nesta saída, polo que se aconsella preferentemente a saída da autoestrada por Puxeiros á Avenida de Madrid e pola Avenida de Buenos Aires á Travesía de Vigo ou túnel de Beiramar.
Pódense producir igualmente importantes retencións na saída da autoestrada por Isaac Peral-García Barbón, polo que se aconsella ós que teñan que utilizar esta saída que o fagan polo vial de acceso ó túnel de Beiramar cara á rúa Areal-rotonda da Paelleira-Beiramar.
Descargar todas as imaxes