Inicio do obradoiro "Bancos do Tempo"
Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Conta con Elas, inaugurará o xoves ás 16.00 horas no Citic o obradoiro de formación do Proxecto Conta con Elas "Posta en marcha e mantemento de Bancos do Tempo" co que se pretende impulsar e favorecer os intercambios de tempo na área de Vigo.
O proxecto nesta primeira fase de posta en marcha dos "Bancos do tempo", organiza este obradoiro de formación e sensibilización que está dirixido a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo. Este obradoiro impartirase en Vigo os días 22, 23 e 24 de febreiro no Citic.
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural. O Proxecto Conta con Elas impulsará de xeito experimental a súa posta en marcha, entendendo os "bancos do tempo" como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.
Xa nunha segunda fase, o proxecto Conta con Elas, impulsará e apoiará a creación de bancos do tempo na cidade de Vigo.
O Proxecto Conta con Elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.