Escoitar

O Concello remitirá a Portos de Galicia o informe urbanístico sobre o porto de Canido

O Concello remitirá a Portos de Galicia o informe urbanístico sobre o Plan de Utilización dos Espazos Portuarios (PUEP) do porto de Canido solicitado pola administración autonómica e elaborado pola Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo.

xoves, 22 feb 2007
1172152333xeren220207.jpg
Reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de hoxe xoves
Este informe refírese exclusivamente á incidencia do PUEP en aspectos urbanísticos do termo municipal de Vigo, sen profundizar nas cuestións sectoriais sobre as que deberán informar os servizos municipais de Medio Ambiente, Seguridade, Circulación e Transportes e Vías e Obras.

O porto de Canido, de titularidade autonómica, carece na actualidade de PUEP. No proxecto de PUEP do porto de Canido descríbese unha zona de servizo actual de 20.080 m2, dos que 11.272 m2 son de superficie terrestre e 8.808 m2 son de lámina de auga.

O proxecto de PUEP do porto de Canido prevé que a actividade pesqueira se manteña estable. Mentres, a navegación recreativa potenciaríase ao xerarse unha dársena abrigada de 16.000 m2, mediante a construción dun peirao de 6 metros de largo e 424 de longo. Segundo a previsión do proxecto, este peirao albergará catro pantaláns flotantes unidos entre si por un pantalán de reparto, cunha capacidade total para 139 embarcacións.
Descargar todas as imaxes