Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Convócase o Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás OITO HORAS E TRINTA MINUTOS do día VINTESETE DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.

mércores, 26 xul 2006
1.- Actas anteriores. (Sesións extr. 12 e 19.05.06)

2.- Toma de posesión do cargo da concelleira Dª Alicia Garrido González.

3.- Comparecencia dos veciños afectados pola EDAR do Lagares.

4.- Aprobación do informe proposta da Comisión de seguimento da EDAR do Lagares.

ALCALDIA
5.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 14.07.06 de atribucións interinas a funcionario.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
6.- Modificacións puntuais do Plan Xeral en trámite. Finalización e arquivo. Exptes. 3609/411, 4365/411, 3549/411, 3886/411, 4192/411, 4294/411, 5663/411, 6744/411, 6204/411, 7597/411, 7678/411, 7691/411, 8943/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Aprobación da conta xeral correspondente ó exercizo 2005.

8.- Incremento de crédito para afrontar os gastos do programa de dispoñibilidade horaria da Policía Local. Expte. 33385/212

ASUNTOS SOCIAIS
9.- Denominar víal de Oia coma "Rúa Zapateira".

10.- Expediente de denominación de viais do Plan Parcial Quirós.

11.- Denominación do espacio situado sobre os terreos do falso túnel no lugar de Seixos do barrio de Carregal, Valladares, como "Parque infantil Elisardo Dacosta Torres".

MOCIÓNS
12.- Moción do Grupo municipal do PG instando a construcción de beirarrúas e rotonda na rúa Gandarón.

13.- Moción do Grupo municipal do PG para instar á Xunta de Galicia lle dea licenza para televisión dixital a empresa de Vigo.

14.- Moción do Grupo municipal do PG instando dirixirse á Xunta de Galicia para solicitar a devolución do ungüentario atopado nas obras do Areal.

15.- Moción do Grupo municipal do PP relativa á recuperación do ungüentario atopado nas obras do Areal.

16.- Moción conxunta dos grupos municipais do BNG e PSdeG-PSOE relativa á necesidade de poñer nomes de mulleres ás nosas rúas.

17.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a cesión dun solar á Xunta de Galicia para Centro integral de atención para as persoas maiores.

18.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a creación dun Departamento de Accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.

19.- Moción do Grupo municipal do BNG instando diversas actuacións na avenida de Castrelos e da Florida.

20.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a construcción dunha escola infantil no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

21.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a adhesión de Vigo á "Red Española de Ciudades por el Clima".

22.- Moción Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando trasladar ó Parlamento Europeo o recoñecemento da Corporación pola aprobación do uso do idioma galego.

23.- Moción do Grupo municipal do PP relativa á peaxe da A-9 entre Vigo e Pontevedra e Vigo e Redondela.

24.- Rogos e preguntas.