Escoitar
VIGOARENA

As tres primeiras semanas de VigoArena resultaron positivas

A organización do programa de deportes VigoArena comezou esta edición cun resultado satisfactorio. A participación rexistrada en anos anteriores non diminuiu con respeto a 2006. Nestas semanas os campeonatos de Triatlón, Balonmano Playa, Fútbol Playa, Footvoley e Cachibol reuniron a máis de mil deportistas.

mércores, 26 xul 2006
1153917965vigoarena3.JPG
A organización do evento repartiu en premios una cantidade que ascende os 9000 euros, divididos en forma de cheques-regalo e unha viaxe para os gañadores do torneo de Fútbol Playa, para xogar a última calificativa no Circuito Nacional en Cádiz.

O cambio de localización do VigoArena á praia de Samil tampouco supuso unha variación no número de inscricións.

O próximo fin de semana, os días 28 e 30 de xullo, celebrarase o torneo III Cidade de Vigo "superArena" de Tenis Playa. É a primeira vez que aterriza en Vigo polo que se espera unha gran participación, ademáis os gañadores, tanto en categoría masculina como feminina, viaxarán a Gandía para xogar a final nacional. Os deportistas que queran inscribirse poden facelo en www.vigoarena.com ou nas mesmas instalacións de VigoArena en Samil.




Descargar todas as imaxes